A USC e Tecnocom traballarán ombro con ombro para afianzar as TIC nos campus
luns, 8 de setembro do 2008
A Universidade de Santiago de Compostela e a empresa Tecnocom (con ampla representación en Galiza a través da antiga Softgal) veñen de asinar un acordo para levar a cabo unha serie de actividades vinculadas a dous eidos ben concretos: o eido educativo e o eido do pulo das novas tecnoloxÃas da información. A idea, amais de reforzalos por separado, é incrementar as canles que os intercomunican. Máis polo miúdo, a cooperación consistirá en actividades que fomenten o uso das TIC e do deseño de novos proxectos e ferramentas por parte dos propios universitarios. AsÃ, Tecnocom comprometeuse a colaborar coa Aula Profesional da Escola Técnica Superior de EnxeñarÃa impartindo formación, sen descartarse a posibilidade de abrir un novo espazo máis especÃfico: a Aula Tecnocom.
O convenio, formalizado oficialmente esta mañá no Colexio de San Xerome, serviu entre outras cousas para asentar o alicerce do Premio ao mellor proxecto fin de carreira de EnxeñerÃa Técnica en Informática de Sistemas, dotado con 1.500 euros. Asemade, tamén se tirou proveito do encontro para dar a coñecer o paquete de bolsas de formación profesional para licenciados da USC que a institución educativa achegará conxuntamente con Tecnocom.
Con este convenio, sinalaron ámbalas dúas partes, procúrase subir un novo chanzo no afianzamento das novas tecnoloxÃas na sociedade en xeral a través dun paso previo ben concreto: o afianzamento destas ferramentas no proceso educativo en toda súa integridade e afectando a todos os seus axentes. Asemade, búscase mellorar a formación mesma subministrada pola USC e, a maiores, satisfacer en mellor medida as demandas profesionais das empresas nas que traballarán, o dÃa de mañá, os estudantes de hoxe.
Volvendo ao acto mesmo de sinatura celebrado este luns, dicir que participaron nel (entre ouros) o reitor da USC, Senén Barro, e máis o director rexional para a zona noroeste da empresa Tecnocom, Santiago Cárdenas Botas. Ademais, fixeron acto de presenza en San Xerome o director da Escola Técnica Superior de EnxeñarÃa, Juan Manuel Lema, e outros responsables do centro.
