A Tab M10 de Lenovo pode controlarse en mans libres con Alexa

luns, 11 de marzo do 2019 Marcus Fernández

O ano pasado Amazon estreou unha base de carga para as súas tabletas Fire HD que permitía convertelas virtualmente nun Amazon Echo Show, ou sexa, que permitía o uso da tableta en mans libres tirando proveito de Alexa, e este mesmo concepto vén de aproveitalo Lenovo, que oferta por 199 euros a súa tableta Lenovo Smart Tab M10, trebello bastante modesto que ao colocalo sobre unha estación de acoplamento que integra altofalantes Dolby Atmos, de xeito que podemos gozar dunha interesante solución para consumir música e vídeo, así como para controlar a domótica mediante a voz ou, simplemente, ter unha tableta convencional do empregala fóra da súa base.
A tableta solta é unha Lenovo Tab M10, cun procesador Qualcomm Snapdragon 450 de 8 núcleos, 2 GB de RAM, pantalla IPS de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.200 píxeles e cámaras de 5 e 2 Mpíxeles; que ten un grosor de 8,1 milímetros e só pesa 480 gramos, de xeito que resulta bastante cómoda nas mans, aínda que na súa base pode gozar tamén da liberdade que dá o control por voz de Alexa.

Sen a base estamos ante unha tableta ordinaria

PUBLICIDADE