A PlayStation VITA sorprenderá pola súa potencia

martes, 7 de xuño do 2011 Marcus Fernández

A nova consola portátil de Sony xa ten definidas as súas características técnicas e o seu prezo, de xeito que de cara ao Nadal debería chegar ás tendas (aínda que non confirmaron que a vaiamos a ter en Europa antes de 2012) a PlayStation VITA nun modelo con Wi-Fi por 249 euros e noutro con Wi-Fi e 3G por 299 euros, pero son moitos outros os detalles que dan a entender que estamos ante un dispositivo con moitas posibilidades como que opera cun procesador ARM Cortex A9 de 4 núcleos, cunha gráfica SGX543MP4+, pantalla táctil OLED de 5 polgadas cunha resolución de 960 x 544 píxeles (superando graficamente ás consolas domésticas de definición estándar) e capacidade multi-táctiles, parte traseira tamén multi-táctil, cámaras frontal e traseira, altofalantes estéreo, micrófono, sensores de movemento Six-axis (un xiroscopio de 3 eixes e un acelerómetro de 3 eixes), un compás dixital de 3 eixes, GPS integrado (no modelo 3G), Wi-Fi N, Bluetooth 2.1, lector de tarxetas PlayStation VITA, lector de tarxetas de memoria, fenda para tarxeta SIM (no modelo 3G), porto multifunción (para USB, entrada de corrente, saída de son estéreo e entrada mono e comunicación de datos en serie), toma de auriculares estándar (con saída estéreo e entrada mono), porto para accesorios e unhas medidas externas estimadas de 182 x 83,5 x 18,6 milímetros.
No que a controis é moi semellante á anterior PSP, pero incorpora un segundo control analóxico, o que facilitará o uso de xogos de acción.

PUBLICIDADE