A Mi Band 2 ofrece notificacións e unha completa monitorización fÃsica por pouco máis de 20 euros
xoves, 2 de xuño do 2016
Mentres os smartwatches continúan con problemas para callar
no mercado, as pulseiras de actividade son cada vez máis completas e continúan
a ter certo pulo grazas a que, en moitos casos, cobren as necesidades básicas
de notificación que piden os usuarios e o seu uso diario resulta máis cómodo
principalmente pola súa boa autonomÃa, e un dos produtos estrela neste segmento
é sen dúbida a pulseira Mi Band de Xiaomi, que presentou hoxe a súa versión
renovada, a Mi Band 2, que preséntase
como un produto moi completo a un prezo axustadÃsimo, xa que só custa 149 iuans
(20,20 euros).
A Mi Band 2 é un monitor de actividade fÃsica, ritmo cardÃaco e de calidade do
sono, que presume de resistencia á auga (IP67) e dunha autonomÃa de até 20
dÃas, destacando nesta revisión por integrar unha pantalla OLED que permite ver
a hora, os datos do seu podómetro e as nosas pulsacións por minuto.
ComercialÃzase con correas de silicona hipoalerxéncia de distintas cores e
tamén pode conectarse por Bluetooth 4.0 co noso smartphone para acceder aos
datos rexistrados pola pulseira e para que a pulseira vibre cando recibamos
unha notificación no móbil, algo que xa facÃa a súa predecesora, pero que,
desta volta, grazas á incorporación da pantalla OLED, é moito máis práctico, xa
que indica o tipo de notificación recibida (chamada, mensaxe de texto...).
Outra función interesante da Mi Band 2 é que pode empregarse para desbloquear o
noso smartphone, de xeito que cando a pulseira estea preto do teléfono non será
preciso nin introducir o PIN nin desbloquear o teléfono coa nosa pegada dixital
se queremos acceder a el, xa que entenderá que somos nós grazas a este
accesorio.
- A Mi Band 2 pode empregarse para desbloquear o noso smartphone