A Fitbit Charge 5 incorpora unha brillante pantalla a toda cor

mércores, 25 de agosto do 2021 Marcus Fernández

A nova pulseira de actividade de Fitbit, a Charge 5, non só incorpora funcións avanzadas como o electrocardiograma, senón que tamén integra un escáner EDA para a xestión do estrés e outras funcións que buscan redefinir o que se entende por forza, para axudar a manter o nivel de actividade física, controlar o estrés, manter a saúde cardiovascular e o benestar xeral.
A Fitbit Charge 5, grazas ao servizo Fitbit Premium (para o que inclúe 6 meses de balde), calcula o nivel de recuperación diario, para analizar a actividade física, a calidade do descanso e a variabilidade da frecuencia cardíaca para que así saibamos se estamos listos para un novo adestramento ou se debemos priorizar a recuperación; entende como reacciona o corpo ao estrés diario; analiza o corazón na procura de fibrilación auricular e notifica se o ritmo cardíaco sae das marxes establecidas; monitoriza métricas de saúde como a saturación de osíxeno en sangue, a variabilidade da frecuencia cardíaca ou a frecuencia respiratoria; monitoriza a temperatura da pel (co que pode detectar se temos febre); integra GPS para poder facer un seguimento dos desprazamentos ao aire libre aínda que non levemos o móbil enriba; e moitas outras funcións, como un espertador intelixente (busca vibrar nunha fase do soño óptima para un espertar máis plácido), Fitbit Pay ou recibir notificacións do smartphone; aínda que realmente a novidade máis visible do produto é que conta cunha pantalla a toda cor que ten o dobre de brillo que a Fitbit Charge 4. A súa batería ten unha autonomía de até 7 días.
Sairá á venda a finais de setembro e pode reservarse xa a un prezo de 179,95 euros.

Vídeo promocional da Fitbit Charge 5

A Fitbit Charge 5 é somerxible, ten pantalla a toda cor e permite controlar moitas actividades físicas e o noso estado xeral

PUBLICIDADE