A rebaixa de prezo da Xbox 360 incrementa as súas vendas un 40%
martes, 18 de marzo do 2008
O pasado
venres a consola Xbox 360 de Microsoft baixou de prezo de xeito que o
modelo básico custa tan só 199,99 euros, resultando máis barata que a Nintendo
Wii, converténdose na consola de nova xeración máis económica, o que parece que
afectou claramente ás vendas, cando menos no Reino Unido, onde se rexistrou un incremento
das vendas nun 40%, o que se poderÃa trasladar ó resto de Europa.
Hai que destacar que a Xbox 360 é a consola de nova xeración que leva máis
tempo no mercado, polo que conta cun catálogo de xogos moi amplo, de aà que
resulte moi atractiva a súa rebaixa de prezo. Amais, os propietarios de
televisores de alta definición tamén poden empregar a consola para ver pelÃculas
descargadas da Internet aproveitando a calidade que ofrecen as novas pantallas.
Curiosamente a Nintendo Wii continúa mantendo o seu prezo pese a que leva
bastante tempo no mercado e as súas prestacións están moi por debaixo dos seus
competidores. Queda por ver se o cambio de prezos da Xbox 360 ten algunha
repercusión nas consolas xaponesas.