Código Cero

GAIN impulsará novas liñas de apoio para proxectos en biotecnoloxía, tecnoloxías cuánticas e IA
Carmen Cotelo (GAIN), á dereita, nunha imaxe de arquivo

A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Consellería de Educación e Ciencia, Carmen Cotelo, presentou os Orzamentos 2027 do seu departamento, que, segundo dixo, permitirán activar, entre outras cuestións, dúas novas liñas de apoio para proxectos colaborativos en biotecnoloxía e deep tech (IA e tecnoloxías cuánticas) e captar máis investigadores a través do programa Oportunius.

Cotelo engadiu que a nosa Comunidade afianzará o seu papel destacado no ámbito europeo nestas áreas de alta especialización a través do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), co novo supercomputador Finisterrae IV, e o despegue da Fábrica de IA One Health, que contará tamén cun computador de altas prestacións.

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) contará así cun total de 110 millóns de orzamento para o vindeiro ano, un 2,2% máis. Cotelo destacou que se actúa en toda a cadea de valor da I+D+i, conectando talento, ciencia, capacidades tecnolóxicas, empresas e mercado.

Tecnoloxías cuánticas

As iniciativas de alto impacto nas que Galicia ocupa un lugar destacado son as vinculadas á biotecnoloxía, á tecnoloxía cuántica e á IA, incluídas no Plan Galego de Investigación e Innovación, e que concentran gran parte do orzamento, máis de 40 millóns de euros, segundo explicou Cotelo, quen apuntou que neste marco porase en marcha a factoría europea de intelixencia artificial 1HealthAI, que conecta saúde humana, animal e ambiental, vinculada ao CESGA (que contará cun novo edificio e o supercomputador Finisterrae IV).

En 2027 está prevista tamén a adquisición do supercomputador europeo asociado á factoría.

Cotelo indicou que o vindeiro ano desenvolverase a Estratexia Galega de Tecnoloxías Cuánticas para consolidar un polo galego especializado e conectado co ecosistema europeo. Entre estes proxectos está o Val Europeo de Innovación en Tecnoloxías Cuánticas, coa participación do CESGA e dunha alianza de 19 socios de nove países europeos. En Biotecnoloxía, a Xunta continuará coa Estratexia de Biotecnoloxía de Galicia 2026-2030, con alianzas estratéxicas coa industria e apoio ao talento.

Talento investigador

A Axencia Galega de Innovación dedicará ao impulso do talento 17,5 millóns en 2027, dos que 5,9 serán para o programa Oportunius. “Este instrumento ten demostrado un altísimo impacto. Desde 2014 investimos 21,4 M€ que se multiplicaron por 5,7 en retorno. Actualmente contamos con 28 contratados Oportunius, ao tempo que apoiamos con axudas complementarias ao total dos 47 investigadores beneficiarios das axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC) en Galicia”, afirmou a directora.

Colaboración público-privada

A colaboración público-privada é outro piar nos orzamentos da Consellería, que destina 23 milóns para continuar con iniciativas como Nexos, que promove a colaboración entre empresas, especialmente pemes, en proxectos orientados ao mercado; as Unidades Mixtas de Investigación, que favorecen a colaboración entre empresas e organismos de investigación; ou Vinnovate, que apoia proxectos entre rexións europeas.

Ademais, a Xunta estreará en 2027 dúas novas liñas de apoio en ámbitos como a biotecnoloxía e as deep tech, especialmente en intelixencia artificial e tecnoloxías cuánticas. Estas liñas permitirán financiar novos proxectos en tecnoloxías disruptivas, “proxectos ambiciosos que conecten a capacidade investigadora galega cos sectores produtivos e cos grandes desafíos tecnolóxicos”, asegurou Carmen Cotelo.

Máis de 6 millóns para I+D+i empresarial

Estas actuacións complétanse “cunha forte aposta pola I+D+i empresarial”, con 6,6 millóns para dar continuidade ao programa Ciencia Empresa, de apoio a proxectos individuais de investigación industrial e desenvolvemento experimental, “logo do éxito da primeira convocatoria deste ano”, informou a directora de GAIN, engadindo que neste apartado contarase tamén cunha nova convocatoria de Centros de Investigación Empresarial, seguindo o modelo que permitiu implantar en Galicia os centros Mestrelab Research e BorgWarner Emissionos Systems, que mobilizaron máis de 30 millóns de euros de investimento público-privado e xeraron máis de 50 novos postos de persoal investigador.

Tamén haberá unha dotación específica de 1,3 millóns para, entre outras cousas, avanzar nos plans locais de I+D+i e que os concellos incorporen novas solucións tecnolóxicas á prestación de servizos públicos. Precisamente, os vindeiros 3 e 4 de decembro celebrarase en Santiago o primeiro Congreso Nacional de Innovación Local, organizado polo Goberno galego.

Transferencia de resultados

A transferencia dos resultados de investigación ao mercado e á sociedade é tamén clave para a Consellería, reto ao que destina 12,8 millóns. A Xunta continúa co programa Ignicia, que facilita a creación de empresas tecnolóxicas. Deste xeito, unha nova convocatoria de Proba de Concepto permitirá apoiar a chegada ao mercado, xa sexa como spin-off ou licenza á industria, dunha decena de resultados de investigación.

O CITIC reforza o seu compromiso coa igualdade de xénero e a súa proxección europea
O Grupo Permanente de Igualdade do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña desenvolveu durante o mes de outubro unha intensa actividade internacional, participando en distintos encontros europeos centrados na igualdade de xénero, o talento dixital e a presenza das mulleres nos ámbitos científico e tecnolóxico.

Estas iniciativas permitiron dar a coñecer as accións impulsadas polo CITIC, intercambiar boas prácticas con representantes de institucións europeas e explorar novas oportunidades de colaboración en materia de formación dixital, investigación e innovación.

O primeiro encontro tivo lugar o pasado 6 de outubro en Bruxelas, onde María Suárez Taboada, investigadora do CITIC, e Alexia Díaz Cerceda, xestora da área de Proxectos Internacionais do centro, participaron nunha reunión de traballo con representantes da European Vocational Training Association. O encontro tivo como obxectivo identificar sinerxías liñas de colaboración para o desenvolvemento de propostas de proxectos europeos de cara a 2027, especialmente nos ámbitos das TIC, as competencias dixitais e a igualdade de xénero no sector tecnolóxico. Durante a xornada, as representantes do Centro compartiron as súas liñas de traballo e abordaron cuestións como a redución da fenda de xénero e o impulso dunha formación dixital máis inclusiva.

Posteriormente, o 12 de outubro, en Porto, unha delegación do Grupo Permanente de Igualdade, integrada por Blanca Padín, Beatriz Botana e Alexia Díaz Cerceda, asistiu á mesa redonda Women in Manufacturing: AI, Data and Robotics, celebrada no espazo WOW durante a recepción de benvida do ADRF 2026. Organizada por STRADA Women in Manufacturing e moderada por Gema Antequera, a sesión reuniu expertas en intelixencia artificial, datos e robótica para analizar os retos da transformación tecnolóxica do sector industrial.

Neste contexto, as representantes do CITIC intercambiaron impresións con Marina Geymonat, responsable do Laboratorio de Intelixencia Artificial de Leonardo, e Ljiljana Stojanovic, responsable do grupo de investigación Smart Factory Systems de Fraunhofer IOSB.

Segundo informou o centro da UDC, o encontro “permitiu presentar as iniciativas do Grupo Permanente de Igualdade e reflexionar sobre a necesidade de reforzar a participación das mulleres no desenvolvemento e na aplicación de tecnoloxías emerxentes, así como nos procesos de investigación e innovación”.

A actividade internacional continuou os días 15 e 16 de outubro en Dublín, coa participación de María Blanca Padín Viaño, María Suárez Taboada, Beatriz Botana Barreiro e Alexia Díaz Cerceda nos Digital Talent EU Days 2026, celebrados na Trinity Business School, no marco da reunión anual do Women in Digital Forum.

O CITIC contou cun stand propio desde o que difundiu as súas iniciativas de igualdade de xénero, entre as que destacaron a carta de compromiso individual coa igualdade na investigación e o programa de mentoring con referentes femininos dirixido ao persoal predoutoral internacional.

A carta recolle o compromiso voluntario de quen a asina de declinar invitacións a actividades científicas exclusivamente masculinas cando non se realizase un esforzo evidente por alcanzar un equilibrio de xénero.

Durante o encontro, a delegación mantivo contactos con representantes da Comisión Europea, a AI Office of Ireland, a Axencia da Unión Europea para a Ciberseguridade (ENISA), distintos departamentos da Administración irlandesa e o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, entre outras institucións e organizacións europeas. Tamén intercambiou experiencias con representantes de BluSpecs, EVTA e 28DIGITAL, así como con integrantes dos grupos de traballo do Women in Digital Forum.

Neste marco, o centro da UDC destacou especialmente a participación de María Luz Castro Pena, investigadora do CITIC, como experta do grupo de traballo TWG4, dedicado aos enfoques interseccionais. Este grupo analiza como o xénero interactúa con outros factores, como a discapacidade, a idade, a orixe ou a situación socioeconómica, e como estas circunstancias condicionan o acceso á formación, ao emprego e aos postos de liderado no ámbito dixital.

En palabras do CITIC da UDC, “a nosa presenza nestes tres encontros europeos permitiunos compartir as nosas experiencias e boas prácticas, ampliar a nosa rede de contactos institucionais e científicos e identificar novas oportunidades de colaboración”.

Así mesmo, contribuíu a visibilizar a importancia de incorporar a perspectiva de xénero aos procesos de transformación dixital e ao desenvolvemento das tecnoloxías emerxentes.

A Deputación de Lugo solicitará unha axuda de 300.000 euros para achegar máis apoio tecnolóxico no rural
A Deputación de Lugo aprobou hoxe, na reunión da xunta de goberno, investimentos por 1 millón de euros, para mellorar a mobilidade provincial e municipal. Así o avanzou a voceira socialista do goberno provincial, Pilar García Porto, quen destacou que estes acordos “dan resposta a necesidades concretas dos concellos e da veciñanza”. Entre estes acordos figura un proxecto de acompañamento dixital para os concellos de menor poboación, co obxectivo de avanzar en apoderamento tecnolóxico e igualdade de condicións, e tamén loitar contra o despoboamento.

En concreto, a xunta de goberno acordou solicitar ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) unha axuda de 300.000€ para poñer en marcha un servizo itinerante de acompañamento dixital nos concellos da provincia de menos de 5.000 habitantes.

A través do programa Tecendo no rural a institución provincial quere achegar a formación e o apoio tecnolóxico á veciñanza, especialmente ás persoas maiores, axudándolles a utilizar as novas tecnoloxías e a realizar xestións dixitais sen ter que desprazarse.

O proxecto combinará obradoiros prácticos e atención de proximidade en espazos municipais, asociacións, centros de maiores e residencias. Tamén incluirá actividades interxeracionais e o uso práctico da intelixencia artificial para facilitar tarefas cotiás, reforzar a autonomía persoal e combater a soidade non desexada.

A proposta incorpora o uso práctico da intelixencia artificial “como ferramenta para facilitar tarefas cotiás, reforzar a autonomía persoal e contribuír a combater a soidade non desexada”, aseverou García Porto.

Os empresarios de Ferrolterra mostran todo o que cómpre saber sobre o uso profesional do WhatsApp
A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER), coa colaboración do Concello de Ferrol, organiza en novembro unha formación sobre novas formas de comunicar a nivel empresarial e a nivel de estratexias de mercadotecnia. Trátase do curso Uso profesional de WhatsApp como canle de venda: Comunicación dixital práctica para empresas.

Terá catro horas de duración e realizarase en formato presencial na sede de COFER na Malata (Punta Arnela, Ferrol). Levarase a cabo o 17 de novembro en horario de 9.30 a 13.30 horas, da man da empresa Item-Aga. A inscrición é de balde e as prazas limitadas.

Trátase dun curso dirixido a persoas emprendedoras e/ou autónomas e responsables de pequenos negocios locais que precisan optimizar a súa estratexia de comunicación dixital corporativa.

O curso céntrase en capacitar ás persoas participantes para integrar o uso profesional de WhatsApp dentro da estrutura comercial das súas empresas. Deste xeito, proporciónanselles as ferramentas necesarias para transformar esta aplicación nunha canle directa e eficiente de captación, fidelización e conversión de clientela.

Segundo informan dende COFER, a formación achega un enfoque totalmente práctico e aplicable ao día a día empresarial. Deséñase cunha metodoloxía directa e accesible que combina os contidos teóricos fundamentais con dinámicas participativas e materiais de apoio, todo iso orientado a xerar un impacto inmediato nas vendas e na xestión comercial do tecido empresarial.

O encontro I+P do Clúster do Audiovisual celebrarase no Coruña Estudio Inmersivo con 18 novos proxectos
Imaxe da anterior edición do evento, celebrado (tamén) no CEI da Deputación da Coruña

A 20ª edición do I+P Ideas para Producir (Clúster do Audiovisual Galego) xa ten os 18 proxectos de cine e televisión que se presentarán ante representantes das principais compañías do sector audiovisual os días 26 e 27 de novembro no Coruña Estudio Inmersivo (CEI), na Coruña.

Segundo informou o Clúster, as propostas foron seleccionadas entre os máis de 200 proxectos  recibidos nesta convocatoria, unha cifra que “confirma o interese que esperta este foro profesional que continúa consolidándose como un espazo de referencia para impulsar novas producións, establecer contactos estratéxicos e abrir vías de financiamento, distribución e coprodución”, engadiron dende a agrupación empresarial.

O comité de selección, integrado polo guionista e creador Alberto Guntín; a guionista e asesora no sector audiovisual Puri Seixido, e a xefa de produción Lucía Caramelo, foi o encargado de avaliar as candidaturas e escoller as propostas que formarán parte do encontro.

A  escolma abrangue unha ampla variedade de xéneros e formatos, con proxectos en distintas fases de desenvolvemento. Entre eles figuran longametraxes de ficción, animación e documental, series de ficción, programas de entretemento e unha docuserie.

Un punto de encontro entre creadores e decision makers

O venres 27 de novembro será a xornada central do evento, coa presentación dos proxectos e a  celebración de reunións individuais entre os seus responsables e os representantes de televisións, plataformas e distribuidoras. Estes encontros están orientados a favorecer o contacto directo entre os equipos creativos e os profesionais con capacidade de decisión, co obxectivo de explorar oportunidades de negocio e impulsar o percorrido das propostas seleccionadas.

Entre as compañías participantes estarán Atresmedia, Mediaset España, Movistar Plus+, Prime Video, HBO Max, Disney+, AMC Global Media, Warner Bros. Discovery, TVG, 3Cat, Aragón TV, Canal Sur, RTP, Filmax, A Contracorriente Films e Beta Fiction Spain, entre outras.

18 propostas para cine e televisión

O apartado cinematográfico reúne oito longametraxes de ficción: Entre escenas de Langosta Films, Nadie Va A Venir de Congo Producciones, A Raíz de Miramemira, Cruceta de AbraldeStudio, Nuda propiedade de Servando Vidal, Lampreas de Indígenas Films, Baixamar de Kraken Media e La fuga del bou Ramón de EAF

Producións

A escolma inclúe tamén dúas longametraxes documentais: Alan Lomax andou por aquí de Voz Audiovisual e La otra victoria de Meteórica Cine. Completa a categoría cinematográfica a película de animación Bibopalula. Aventura no Atlántico de Undodez.

En televisión, seleccionáronse as series de ficción The Last Line de Lidia Fraga, Druidas de Ramen Studio, 100 Vírgenes de Arrivelo Producciones e Furancho de Borboligón Filmes.

A listaxe complétase coa docuserie Los órganos no van al cielo de TEX45 Producións, e con dous programas de entretemento: Batalla de tributos de Metronoventa e La gran escena de Producciones Vigo.

I+P 2026 conta co apoio da Deputación da Coruña, co patrocinio da Xunta de Galicia e coa colaboración de Pedralonga Estudios, Music Library & SFX, Filamento Iluminación e Gadis, así como das asociacións profesionais CREA e AGAG e do máster MPXA.

O Game Pass frea considerablemente as vendas de Gears of War: E-Day
Gears of War: E-Day superou as 400.000 copias vendidas en consolas e PC durante o primeiro mes desde o seu lanzamento, segundo unha estimación publicada por The Verge. A cifra resulta especialmente baixa para unha das principais franquías de Xbox, aínda que unha parte importante dos xogadores accedeu ao título mediante Game Pass, no que estaba dispoñible desde o primeiro día.

A información procede dunha fonte consultada polo xornalista Tom Warren, de The Verge. Os datos apuntan a que o servizo de subscrición de Microsoft concentrou unha parte considerable dos accesos ao videoxogo, reducindo o número de compras individuais. De feito, as estimacións de Alinea Analytics apuntan a que arredor de 1,7 millóns de usuarios xogaron a través de Game Pass.

A consultora calculaba que uns 722.000 subscritores pagaran o complemento Premium, que permitía acceder anticipadamente ao xogo cinco días antes do lanzamento oficial, mediante un pagamento de 30 dólares. Entre o 1 e o 6 de outubro, outros 250.000 usuarios adquiriron esta mellora.

As cifras publicadas por Rhys Elliott, responsable de análise de mercado de Alinea Analytics, apuntaban a que a versión para Xbox vendera unhas 62.000 copias fronte aos 722.000 complementos Premium contratados. Isto significa que por cada copia vendida na consola se rexistraron case doce melloras de acceso anticipado a través de Game Pass.

A pesar do reducido volume de vendas tradicionais, Elliott estimaba que preto de 950.000 usuarios pagaran dalgún xeito por acceder ao xogo, xa fose mediante a compra directa ou a adquisición da edición Premium. A consultora tamén calculaba que Xbox xerara case tres cuartas partes dos ingresos totais do título.

Ante esta situación podemos entender que o servizo do Game Pass está a resultar un mal negocio para Microsoft, pois non conseguiu un volume de subscritores tal que faga que compense a erosión que provoca nas vendas dos grandes xogos de Xbox.

Starlink adopta unha política de prezos flexibles
Starlink está a introducir un sistema de prezos dinámicos que permitirá modificar o importe das conexións residenciais en función da demanda e da capacidade dispoñible en cada zona. O cambio rompe co modelo de tarifas fixas que viña aplicando o servizo de Internet por satélite de SpaceX e permitirá que os abonados paguen cantidades diferentes mesmo dentro dun mesmo país.

A modificación está a chegar aos clientes mediante correos electrónicos nos que se lles comunica que as cotas poderán variar en función da conxestión da rede e da capacidade da constelación de satélites. Os avisos tamén contemplan a posibilidade de que os importes cambien entre facturas, con revisións trimestrais e comunicación previa aos abonados.

O novo sistema establece un límite do 20 % nas variacións de prezo entre períodos de facturación, tanto á alza como á baixa. Deste xeito, Starlink poderá adaptar as cotas ás condicións de cada mercado sen aplicar cambios bruscos. A compañía de Elon Musk tamén prevé avisar os clientes con varias semanas de antelación antes de que entre en vigor unha modificación.

A demanda local será determinante para calcular os importes. Nas zonas nas que exista capacidade dispoñible, os prezos poderán reducirse para captar novos abonados e aproveitar mellor a infraestrutura. Pola contra, nos lugares onde a rede estea máis saturada, as tarifas poderán subir para limitar novas contratacións e evitar unha maior degradación da conexión.

Os primeiros exemplos publicados polos usuarios amosan diferenzas importantes entre localizacións. En Valencia, a tarifa básica residencial pasou de 35 a 31,60 euros mensuais, o que representa unha redución do 9,7 %. Nos Estados Unidos tamén se comunicaron modificacións, con modalidades que experimentaron subidas ou baixadas dependendo da cidade. Estas diferenzas confirman que o prezo deixará de depender unicamente do país no que se contrate o servizo.

A decisión coincide coa ampliación da constelación mediante os novos satélites V3, que permitirán incrementar a capacidade da rede e ofrecer máis ancho de banda. O crecemento do número de abonados, especialmente nas zonas con menos alternativas de acceso a Internet, está a aumentar a presión sobre a infraestrutura dispoñible e obriga a repartir os recursos entre máis conexións.

A Rede Española de Filosofía da Intelixencia Artificial desenvolve en Santiago o seu I congreso internacional
A Universidade de Santiago acolle do 5 ao 7 de novembro a primeira edición do Congreso Internacional da Rede Española de Filosofía da Intelixencia Artificial (reFIA), que reunirá filósofos e filósofas e persoal investigador de distintas disciplinas co propósito de examinar os desafíos conceptuais, epistemolóxicos, éticos, políticos, sociais e culturais que presenta a IA. Esta cita científica na Facultade compostelá de Filosofía inaugurarase de maneira oficial o xoves 5 ás 10.30 horas.

Segundo avanza a Universidade, o programa comprende conferencias plenarias a cargo de especialistas convidados, comunicacións e simposios temáticos que abordarán un amplo abano de cuestións relacionadas coa filosofía da intelixencia artificial.

Entre as persoas relatoras convidadas figuran Mark Coeckelbergh, da Universidade de Viena; Adela Cortina, da de Valencia; Javier Echeverría, da EHU; Migle Laukyte, da Pompeu Fabra; e Vincent C. Müller, da Universidade Friedrich-Alexander de Erlangen-Núremberg.

O congreso contará tamén con sesións paralelas e simposios dedicados, entre outras cuestións, á conciencia artificial e a axencia, a epistemoloxía da intelixencia artificial, á gobernanza algorítmica, á ética e á responsabilidade, á linguaxe e á interacción entre seres humanos e sistemas de intelixencia artificial, á creatividade, á educación e ás implicacións sociais e políticas destas tecnoloxías.

O comité científico internacional do encontro está presidido polo profesor da USC Xavier de Donato Rodríguez, presidente da reFIA, organización académica sen ánimo de lucro que se constituíu en 2025 na USC co propósito de articular un ámbito común para a reflexión filosófica sobre a intelixencia artificial e as súas implicacións na ciencia, a técnica e a sociedade.

O CITIC e atlanTTic xuntan máis de 130 persoas na Coruña e Vigo con desafíos de lockpicking, IA e criptografía cuántica
O Centro de Investigación atlanTTic da Universidade de Vigo e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña acolleron onte unha nova edición da CITIC Cyber Competition (C3TF), un encontro para poñer a proba as habilidades en ciberseguridade das persoas participantes. A xornada, de carácter presencial, celebrouse de forma simultánea nas dúas sedes e reuniu máis de 130 persoas, que asistiron a un obradoiro sobre análise forense, coñeceron experiencias de profesionais da ciberseguridade e participaron na competición.

Formación e experiencias profesionais en ciberseguridade

A programación comezou co obradoiro Introdución á análise forense de dispositivos IoT, impartido por Rafael López García, David Diz Nieves e Pablo Rodríguez Cascón. A sesión achegou as persoas asistentes á análise forense aplicada a dispositivos da Internet das Cousas. Na apertura institucional participaron Manuel González Penedo, director do CITIC, e Javier González Castaño, director de atlanTTic. A continuación, Uxío Fuentefría, Staff Backend Engineer en SafeLabs, impartiu a conferencia principal, titulada Estamos vindo moi arriba: un percorrido pola seguridade ata a IA.

A mañá continuou coa mesa redonda Experiencia profesional das persoas egresadas do MUniCS, moderada por Rubén Pérez Jove, investigador posdoutoral do CITIC da UDC. Nela participaron Pedro Blanco Casal, do Departamento de Sistemas de Comunicación Seguros de Indra Group; Pedro Fernández-Arruti Gallego, Cybersecurity Senior Consultant en Tarlogic; Diego Pérez Cordeiro, do Departamento de Seguridade de Technica Engineering Spain; Rosa Seoane, directora de Solucións de Negocio Dixital de Abanca; e Javier Suárez de Vivero, Project Manager en Plexus. A mesa redonda permitiu compartir experiencias e traxectorias profesionais vinculadas á ciberseguridade.

Capture The Flag: dos cadeados á criptografía cuántica

Pola tarde celebrouse a competición C3TF en formato Capture The Flag (CTF), unha modalidade na que as persoas participantes resolven desafíos de ciberseguridade para atopar a bandeira, un código que acredita a resolución de cada proba. Durante catro horas, os 46 equipos, formados por un máximo de tres persoas, dispuxeron de máis de trinta retos de distintas categorías e puideron decidir libremente como repartirse o traballo e cales abordar. A puntuación de cada desafío axustouse ao número de equipos que conseguiron resolvelo: as probas superadas por menos equipos outorgaron máis puntos, incorporando así un compoñente estratéxico á elección dos retos.

Segundo confirmaron o CITIC e atlanTTic, as probas abrangueron distintas áreas da seguridade informática, desde as aplicacións web e as redes ata a criptografía, a análise forense e a enxeñaría inversa. Os desafíos incluíron tarefas como identificar vulnerabilidades en páxinas web, analizar programas executables para comprender o seu funcionamento e detectar fallos, localizar información oculta en ficheiros ou investigar fontes públicas, como redes sociais e blogs.

Como novidade, esta edición incorporou retos físicos que trasladaron parte da competición fóra das pantallas. As persoas participantes tiveron que abrir cadeados de distintos tipos mediante técnicas de lockpicking, sen utilizar a chave, e resolver probas con cadeados de combinación numérica. Ademais, cada equipo recibiu unha tarxeta NFC que debía inspeccionar e modificar para que un dispositivo da organización validase a solución.

Tamén se estrearon retos de intelixencia artificial e unha proba de criptografía cuántica, cuxo obxectivo era obter a chave dunha comunicación baseada na distribución cuántica de chaves (QKD), a partir de información codificada en estados cuánticos.

Ao remate da competición entregáronse tres premios financiados pola Cátedra R en Ciberseguridade. O primeiro premio, dotado con 1200 euros, recaeu no equipo Tr0y4n1z4d0s, integrado por Eloy Sastre Sobrino, Pablo Diz de la Cruz e Daniel Pérez Mosquera. O segundo posto, cun premio de 900 euros, foi para CaB, formado por Martín González Dios, Sabela Pérez Quintana e Asier Cabo Lodeiro. O terceiro premio, de 600 euros, correspondeulle a We Buy Ducks, composto por Jan Duinkerken Rodríguez, Xabier Iglesias Pérez e Jesús Ferreira Rodríguez, que competiron dende a sede de Vigo.

Unha organización conxunta entre a UDC e a UVigo

A cuarta edición da C3TF foi organizada por persoal investigador do CITIC da UDC, en colaboración con atlanTTic da UVigo e a Cátedra R en Ciberseguridade. O encontro contou co apoio da Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo, a Facultade de Informática da UDC, a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo, o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, o Máster Interuniversitario en Ciberseguridade (MUniCS) e os grupos de investigación RNASA-IMEDIR e LIA2. O comité organizador estivo integrado por Carlos Dafonte, Francisco J. Novoa e José Vázquez Naya, da UDC, e Manuel Caeiro Rodríguez e Ana Fernández Vilas, da UVigo.

Os retos da competición foron desenvolvidos por Martiño Rivera Dourado, Rubén Pérez Jove e David Soler García, vinculados ao Máster Universitario en Ciberseguridade da UDC, e por Pablo Pío Rejo Iglesias, do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo.

A CNMC aproba dúas metodoloxías para avaliar os riscos de ciberseguridade do sistema eléctrico europeo
A Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) aprobou dúas metodoloxías europeas destinadas a reforzar a ciberseguridade do sistema eléctrico e mellorar a coordinación entre os Estados membros ante posibles ataques informáticos. Os documentos establecen criterios comúns para avaliar os riscos de seguridade e clasificar os ciberataques segundo a súa gravidade e impacto.

As metodoloxías forman parte do código de rede europeo de ciberseguridade para os fluxos transfronteirizos de electricidade, aprobado mediante o Regulamento Delegado (UE) 2024/1366. Este marco establece requisitos específicos para protexer as infraestruturas eléctricas, cada vez máis dixitalizadas e interconectadas, fronte a ameazas que poden afectar a varios países.

As propostas foron elaboradas pola Rede Europea de Xestores de Redes de Transporte de Electricidade (ENTSO-E), en colaboración coa entidade europea de operadores de redes de distribución (DSO Entity), e sometéronse a un proceso de consulta e cooperación entre as autoridades competentes dos Estados membros. En España, a CNMC exerce esta función mentres non se designe formalmente outra autoridade conforme ao previsto na normativa europea.

A primeira metodoloxía establece as bases para realizar avaliacións de ciberseguridade a escala nacional, rexional e europea. Estas análises permitirán identificar as ameazas existentes e determinar as súas posibles consecuencias sobre a seguridade operativa do sistema eléctrico e os intercambios transfronteirizos de enerxía.

A segunda fixa criterios harmonizados para clasificar os ciberataques en función da súa gravidade e determinar cales deben ser notificados. O obxectivo é facilitar o intercambio de información e mellorar a coordinación entre os operadores eléctricos e as autoridades responsables.

As avaliacións europeas tamén servirán para establecer os índices e limiares cos que identificar as entidades de impacto alto e crítico dentro do sistema eléctrico español. Esta clasificación poderá afectar ao operador do sistema, ao operador do mercado, ás empresas transportistas e distribuidoras, aos produtores e comercializadores de electricidade e aos agregadores.

As entidades incluídas nestas categorías deberán cumprir diferentes obrigas en función do seu nivel de impacto. Entre elas figuran a avaliación dos riscos propios, a aplicación de controis de seguridade, a implantación dun sistema de xestión da ciberseguridade e o cumprimento de requisitos de intercambio de información e preparación e xestión de crises.

A aplicación destas metodoloxías permitirá avanzar na prevención, detección e resposta ante ataques informáticos contra infraestruturas eléctricas, así como reforzar a seguridade do subministración e a resiliencia da rede europea.