Monmouth convértese na primeira vila Wikipedia do mundo
A vila galesa de Monmouth era toda unha descoñecida para o mundo ata que, grazas á colaboración da Wikipedia, converteuse na “primeira vila Wikipedia do mundo”, tamén coñecida como Monmouthpedia, grazas á instalación de máis de 1.000 códigos QR que levan a artigos da Wikipedia e que están repartidos por escolas, edificios públicos e exposicións do museo local, o que facilita que os visitantes poidan (...)
Ata o domingo será posible xogar de balde a Star Wars: The Old Republic
Dende este xoves, e ata o vindeiro domingo celebrarase unha longa fin de semana no xogo Star Wars: The Old Republic, na que será posible xogar de balde a este título masivo en liña para todos os que non probaron este xogo anteriormente, de xeito que os usuarios que gocen da experiencia poderán adquirir o xogo despois da proba conservando os personaxes que creen nos vindeiros (...)
Código Cero celebra o seu I Foro Tecnolóxico e o seu 10º aniversario
O ano 2012 comezou coa publicación do nº 100 da revista Código Cero, que casualmente coincidiu cos 10 anos da nosa revista nas rúas, o que decidimos celebrar nun evento que tivo lugar hoxe no Auditorio da Biblioteca de Galicia sita na Cidade da Cultura, aproveitando a ocasión para celebrar a primeira edición dunha serie de foros tecnolóxicos que temos previsto celebrar nos vindeiros meses. Para (...)
A 28ª edición da LaconNetwork terá lugar en Santiago de Compostela a semana que vén
O encontro gastronómico mensual dos albaneis da nube, emprendedores e outros profesionais do sector tecnolóxico galego coñecido como LaconNetwork vai trasladarse o vindeiro venres 25 ao Hotel Los Abetos de Santiago de Compostela, comezando o evento ás 13:00 horas no salón de actos das instalacións compostelás cun relatorio de Juan Santesmases Blanco, conselleiro delegado de Zitralia, quen compartirá (...)
Samsung presenta unha videocámara resistente á auga e con Wi-Fi
Samsung, atendendo á diversa demanda no ámbito das cámaras de vídeo compactas, vén de anunciar as cámaras QF20 SMART e W300, que no primeiro caso conta con conectividade Wi-Fi para que compartir vídeos a través da Internet poida ser un proceso doado dende as súas pantallas táctiles, mentres que a súa compañeira é ideal para actividades de tempo (...)
Toshiba presenta un tablet con pantalla de 13,3 polgadas
Toshiba anunciou estes días unha nova gama de tablets co sistema operativo Android 4.0 e pantallas de distintos tamaños entre os que destaca especialmente o Rezga AT830, que presenta unha pantalla IPS de 13,3 polgadas cunha resolución de 1.600 x 900 píxeles, procesador nVIDIA Tegra 3 a 1,4 GHz, 1 Gb de RAM e 64 Gb de almacenamento interno, que se ben podería ter certo atractivo para os usuarios (...)
Un proxecto propón unha solución discreta para conectar dispositivos electrónicos á corrente
Os múltiples que facilitan a conexión de distintos dispositivos electrónicos non destacan pola súa estética e versatilidade, ao que responden cun orixinal proxecto que busca financiamento a través de Kickstarter e que pretende facer realidade un concepto chamado Plugbook, que sería un prolongador de corrente que incluiría 2 enchufes ordinarios, 2 portos de carga USB de 1 amperio, protección contra o (...)
A empresa galega Ayco Internet acudiu ao BlackBerry World 2012 invitada por RIM
Ayco Internet, empresa tecnolóxica especializada en desenvolvemento de solucións de mobilidade, foi unha das poucas galegas que puido acudir a un dos principais eventos de tecnoloxía móbil deste ano, o BlackBerry World Congress (BBW). Este congreso, celebrado entre o 1 e o 3 de maio en Orlando, converteuse no centro mundial das ideas e dos avances relacionados con BlackBerry e coa mobilidade en (...)
LG personalizará os seus móbiles con Android 4.0
LG Electronics presentou hoxe a nova interface de usuario que vai introducir nos seus novos móbiles con Android 4.0 e que chamarase Optimus UI 3.0, integrando en terminais como o LG Optimus LTE II e o LG Optimus 4X HD novas funcionalidades personalizadas polo fabricante, como xeito de diferenciarse dos seus competidores (Samsung e HTC tamén engaden unha capa de personalización os seus (...)
Un novo vídeo amosa máis detalles de The Last of Us
Tras o grande éxito da franquía Uncharted os mozos de Naughty Dog anunciaron hai medio ano un novo título moi prometedor, The Last of Us, que conta a historia de supervivencia de Joel e Ellie nunha viaxe cara o oeste dos duns EE.UU. devastados nos que deberán atopar recursos para seguir con vida e protexerse das ameazas que xorden no seu paso. Como novo petisco do xogo veñen de publicar un vídeo (...)
Lenovo presenta un Ultrabook de 14 polgadas de fibra de carbono
Aos fabricantes de ordenadores está a custarlles colocar no mercado os seus portátiles de deseño delgado coñecidos como Ultrabooks, que buscan competir directamente co MacBook Air de Apple, por resultarlles complicado diferenciarse, o que parece que está a conseguir Lenovo co seu X1 Carbon, que presume de ser o Ultrabook con pantalla de 14 polgadas máis lixeiro do mundo grazas a que emprega fibra (...)
Máis da metade dos fogares galegos teñen contratada unha liña de banda larga
A empresa galega Ayco Internet acudiu ao BlackBerry World 2012 invitada por RIM
As empresas da Tecnópole aumentaron a facturación en 44,1 millóns de euros
Un buscador intelixente destapa as comisións e recargos ocultos dos voos
Preto do 70% dos habitantes da Terra Chá teñen cobertura de Internet de banda larga
A web da CRTVG achega un percorrido audiovisual pola vida de Paz Andrade
Os Premios de Internet 2012 xa teñen finalistas
Windows 8 permitirá monitorizar o uso do ordenador que fagan os cativos
Novo número da nosa edición impresa
A 28ª edición da LaconNetwork terá lugar en Santiago de Compostela a semana que vén

O encontro gastronómico mensual dos albaneis da nube, emprendedores e outros profesionais do sector
tecnolóxico galego coñecido como LaconNetwork
vai trasladarse o vindeiro venres 25 ao Hotel
Los Abetos de Santiago de
Compostela, comezando o evento ás 13:00 horas no salón de actos das instalacións
compostelás cun relatorio de Juan Santesmases Blanco,
conselleiro delegado de Zitralia,
quen compartirá a súa experiencia profesional cos asistentes e explicará o seu
caso de éxito e as que considera que son as chaves e os plans de futuro
inmediato do sector.
Samsung Galaxy S III recibe 9 millóns de reservas a nivel mundial

A finais de mes chegará ao mercado europeo o Samsung Galaxy S
III, que preséntase como o smartphone
de referencia na alta gama para os vindeiros meses, por sumar unha serie de
prestacións que superan a practicamente todos os seus competidores á vez que
vén apoiado pola sona dos seus modelos predecesores, de aí que se fale de que Samsung
recibiu uns 9 millóns de reservas do novo móbil, que estará dispoñible a
través de máis de 290 operadores en 145 países.
Monmouth convértese na primeira vila Wikipedia do mundo

A vila galesa de Monmouth era toda unha descoñecida para o
mundo ata que, grazas á colaboración da Wikipedia, converteuse na “primeira vila Wikipedia do mundo”, tamén
coñecida como Monmouthpedia,
grazas á instalación de máis de 1.000 códigos QR que levan a artigos da
Wikipedia e que están repartidos por escolas, edificios públicos e exposicións
do museo local, o que facilita que os visitantes poidan empregar o seu móbil
para informarse sobre o que teñen diante no seu propio idioma, o que pretenden
que sexa de grande utilidade para os turistas, para o que tamén espallaron unha
rede Wi-Fi pública por toda a localidade.
Declaración institucional da Xunta de Galicia co gallo do Día Internacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

A adopción
xeneralizada da Internet na sociedade xerou cambios de tal magnitude que hoxe
experimentamos o mundo como unha comunidade global, onde as persoas se
relacionan de xeito instantáneo e calquera información se difunde velozmente e
pode provocar cambios e reaccións en calquera lugar do mundo.
Así, estase
a configurar unha sociedade demandante de novas solucións e servizos que poidan
dar resposta ás necesidades que trae consigo esta revolución dixital. Unha
sociedade cada vez mais dixital que, sen embargo, ten o reto de que ninguén
quede excluído. Estar do lado positivo da chamada fenda dixital supón ter mais
oportunidades de acceso ao coñecemento, aos mercados, á formación, ao emprego.
Toshiba presenta un tablet con pantalla de 13,3 polgadas

Toshiba anunciou estes días unha nova gama de
tablets co sistema operativo Android 4.0 e pantallas de distintos tamaños
entre os que destaca especialmente o Rezga AT830, que presenta unha pantalla IPS
de 13,3 polgadas cunha resolución de 1.600 x 900 píxeles, procesador nVIDIA
Tegra 3 a 1,4 GHz, 1 Gb de RAM e 64 Gb de almacenamento interno, que se ben podería ter certo atractivo para os usuarios que
queiran unha pantalla de grande tamaño, a
súa resolución pode decepcionar (xa hai tablets con Android con pantallas
Full HD) e o seu prezo de 80.000 iens (782,18 euros) parece excesivo.
· O Kyocera Urbano Progresso chega como un móbil sen altofalantes
· O HTC Desire C aspira a ser un móbil asumible con Android 4.0
Samsung presenta unha videocámara resistente á auga e con Wi-Fi

Samsung, atendendo á diversa demanda no ámbito das cámaras
de vídeo compactas, vén de anunciar as
cámaras QF20 SMART e W300, que no primeiro caso conta con conectividade Wi-Fi para que
compartir vídeos a través da Internet poida ser un proceso doado dende as súas
pantallas táctiles, mentres que a súa compañeira é ideal para actividades de tempo libre.
· Un proxecto propón unha solución discreta para conectar dispositivos electrónicos á corrente
· LG personalizará os seus móbiles con Android 4.0
· Lenovo presenta un Ultrabook de 14 polgadas de fibra de carbono
Ata o domingo será posible xogar de balde a Star Wars: The Old Republic

Dende este xoves, e ata o vindeiro domingo celebrarase unha
longa fin de semana no xogo Star Wars:
The Old Republic, na que será posible xogar de balde a este título masivo
en liña para todos os que non probaron este xogo anteriormente, de xeito que os
usuarios que gocen da experiencia poderán adquirir o xogo despois da proba
conservando os personaxes que creen nos vindeiros días.
· Diablo III estréase esta noite a nivel mundial
· Virtua Fighter 5 Final Showdown chegará o mes que vén como título descargable
Halo 4 terá unha edición especial moi completa

A franquía estrela da Xbox 360 vai volver en forma dunha nova triloxía que botará a
andar o vindeiro 6 de novembro, data na que chegará ás tendas Halo
4, xogo que pasará do popular estudo Bungie a ser desenvolvido por 343
Industries, continuando a historia do Xefe Mestre, que regresará para
enfrontarse aos seu destino e a un antigo mal que ameaza o universo enteiro.
Promete unha campaña máis épica que as anteriores e con máis elementos de
exploración, así como un modo multi-xogador revolucionario.
· Un novo vídeo amosa máis detalles de The Last of Us
· Sonic 4 estrea o seu segundo episodio descargable
· Minecraft supera o millón de copias vendidas para Xbox 360
![]() Alternative content |
· O director xeral de Yahoo deixa o seu cargo tras descubrirse que non está titulado en Informática
· O COETG celebra mañá un Foro Dixital sobre o papel das mulleres e as rapazas nas TIC
· A mostra interactiva sobre Celso Emilio chega á Biblioteca Nodal da Coruña
· GalegoLab celebra o 17 de maio con concursos en liña e mensaxes na nosa lingua para o mundo
· Creada unha práctica guía virtual para non perder ningún acto do Día de Internet
· LinkedIn estrea aplicación para Windows Phone
· Os enxeñeiros informáticos, entre os menos afectados polo paro xuvenil, segundo un estudo
· Queremos Galego defende a lingua nas redes sociais con motivo do Día das Letras
· INEO organiza un curso sobre Xeración de novos modelos de negocio no sector TIC
· Os enxeñeiros galegos en Informática celebran o Día de Internet cunha declaración institucional
· O COETG conmemora o Día das Telecomunicacións reivindicando o papel da muller nas TIC
· O CESGA traballa no desenvolvemento de aulas de informática na nube
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com



















