A Xbox 360 baixará de prezo esta semana

luns, 10 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Microsoft anunciou hoxe que a partir do 14 de marzo rebaixará o prezo da Xbox 360, de xeito que reforza o seu atractivo chegando mesmo a ser máis barata que a Nintendo Wii (consola que, por outra banda, non conta coas elevadas prestacións gráficas e multimedia da consola de Microsoft).
Ó rematar a presente semana a Xbox 360 Arcade se vendeá a 199,99 euros, a Xbox 360 Premium (con disco duro de 20 Gb e mando sen fíos) reduce o seu prezo ata os 269,99 euros e a completísima Xbox 360 Elite (con disco duro de 120 Gb) custará 369,99 euros.
Con este cambio de prezos a Xbox 360 sitúase a un prezo moi competitivo con respecto ó resto de consolas de nova xeración, achegándose moito ó da Nintendo Wii e podendo adquirirse a un prezo moi inferior ó da PlayStation 3 (pese a contar con características técnicas moi semellantes, aínda que sen lector de discos Blu-ray).

PUBLICIDADE