Yahoo! achega a Internet aos novos televisores de Samsung

venres, 8 de maio do 2009 Marcus Fernández

A entrada da Internet nos salóns domésticos a través de pequenas aplicacións para o televisor chega grazas á colaboración de Yahoo!, Samsung e Intel, e agora presentan en España a tecnoloxía TV Widgets, pois os televisores que incorporan estas posibilidades xa están á venda no noso país, e o Yahoo! Widget Engine vén incorporado nos novos televisores de Samsung.
Esta tecnoloxía permite que, mentres estamos vendo a televisión, poidamos premer un botón do mando a distancia que abre unhas pequenas aplicacións en pantalla con contidos que van dende a información meteorolóxica ata a presentación de fotografías almacenadas en Flickr ou vídeos, agardándose que antes de rematar o ano existan unhas 30 aplicacións deste tipo para o mercado español.

PUBLICIDADE