A Internet achégase aos televisores grazas á colaboración de Yahoo! e Intel

xoves, 21 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Exemplo do Widget Channel nun televisor de alta definición

Intel e Yahoo! queren facer que os contidos da Internet se poidan consultar directamente dende o televisor, polo que durante o Intel Developer Forum presentaron o Widget Channel, unha plataforma de aplicacións optimizadas para o televisor que funciona con software de Yahoo! para o Media Processor CE 3100 de Intel.
Esta nova plataforma se integraría en televisores de alta definición (Samsung e Toshiba planean empregar esta tecnoloxía durante 2009), e contaría con potencia suficiente para manexar contidos en alta resolución, gráficos 3D e son envolvente (podendo tamén desenvolverse en reprodutores multimedia independentes e set-top boxes).
As pequenas aplicacións do Widget Channel estarían baseadas en estándares coma o HTML, XML, JavaScript e Flash, e se agarda que empresas coma Blockbuster, CBS, CinemaNow, Disney-ABC, eBay, Joost, MTV ou Twitter estreen os seus propios widgets, polo que se contará cun completo catálogo de aplicacións para esta plataforma. Deste xeito os usuarios poderían ver fotografías de Flickr, reproducir vídeos, consultar as novas de Yahoo! E mesmo twittear dende o televisor.