WhatsApp actualízase finalmente a iOS 7

martes, 3 de decembro do 2013 Marcus Fernández

Tras o lanzamento de iOS 7 no mes de setembro numerosas aplicación comezaron un proceso de actualización para adaptarse á nova estética presente na interface de usuario do iPhone, e aínda que as aplicacións máis demandadas xa estaban preparadas para iOS 7 ou fixérono en poucos días, unha das killer apps móbiles permanecía demorada até a pasada noite, cando finalmente chegou a versión 2.11.5 de WhatsApp, que como principal novidade tivo o seu cambio de aparencia, aínda que tamén incorporou listaxes de difusión (para facilitar o envío de mensaxes a varias persoas á vez), mellorou a función de compartir ubicación, fai vista previa de imaxes nas conversas, incorpora novas alertas e son de notificacións, respecta o tamaño de fonte configurado en iOS, mellora a administración de contactos bloqueados e permite recortar imaxes antes de envialas.
Resulta un tanto sorprendente que, pese aos grandes cambios experimentados pola aplicación, esteamos só ante unha versión menor (avanzando o seu número de versión no terceiro número). Antes de actualizar, cómpre avisar de que hai numerosos usuarios informando de que tras instalar a nova versión de WhatsApp, a ferramenta padece certos retardos, polo que é previsible que mellore o seu rendemento en revisións futuras.

O cambio de aparencia a iOS 7 é notable

PUBLICIDADE