Xa podemos descargar as apps para seguir os resultados das eleccións autonómicas

venres, 16 de febreiro do 2024 Marcus Fernández

A aplicación móbil que permitirá seguir os datos de participación e o avance en directo do escrutinio das eleccións ao Parlamento de Galicia que se celebran o vindeiro domingo, 18 de febreiro está dispoñible para a súa descarga para Android e para iOS, aínda que os datos que achegará tamén estarán dispoñibles vía web. Nas tres plataformas sería posible seguir tamén as comparecencias do voceiro do Goberno galego o vindeiro domingo.
Estas aplicacións permitirán consultar os avances de participación e os datos en tempo real do escrutinio, tanto a nivel autonómico como detallado por concellos, incluíndo comparativas cos comicios de 2020.
Tamén está operativa a páxina web oficial das Eleccións ao Parlamento de Galicia 2024, onde se centraliza toda a información de interese relacionada co proceso electoral, como os manuais para as persoas integrantes das mesas electorais, as candidaturas presentadas en cada provincia, os resultados de convocatorias anteriores ou a lexislación de referencia.

As aplicacións móbiles achegarán os resultados do escrutinio en tempo real

PUBLICIDADE