Vodafone estrea comercialmente as femtocelas en España

mércores, 2 de xuño do 2010 Marcus Fernández

O pasado verán Vodafone comezou a comercializar no Reino Unido un trebello chamado Vodafone Access Gateway que fai uso de femtocelas para aproveitar a infraestrutura de banda larga do cliente para mellorar a cobertura da telefonía móbil en interiores, e que agora chegará a España baixo o nome de Voz y Datos Premium Oficina Vodafone e que terá un custo de 15 euros/mes e permitirá a conexións de ata 32 dispositivos (dos que 4 poderán acceder de xeito simultáneo).
As femtocelas permiten un importante aforro en antenas exteriores e infraestruturas para proporcionar cobertura 3G, aínda que precisan dun servizo de ADSL da mesma compañía para operar, aínda que é de agardar que en breve non sexa só Vodafone quen ofreza este tipo de solucións en España (pois Movistar leva tamén meses realizando probas con esta tecnoloxía).

PUBLICIDADE