Spider-Man para PC contará con numerosas melloras gráficas
mércores, 20 de xullo do 2022
Insomniac Games vén
de revelar detalles de Marvel’s Spider-Man Remasterizado para PC,
que xa pode reservarse
a través de Steam e da
tenda dixital de Epic Games, e para o que contaron coa apoio de Nixxes
Software, estudio que conseguiu que este xogo que verá a luz o 12 de agosto
presente unha serie de melloras que nin sequera están presentes na versión para
PlayStation 5 do xogo.
Confirman que a versión para PC contará con trazado de raios se temos hardware
coa potencia suficiente; mellora o rendemento gráfico coa tecnoloxÃa nVIDIA DLSS
se temos unha gráfica nVIDIA GeForce RTX, que tamén permite gozar do suavizado
baseado en intelixencia artificial coa tecnoloxÃa nVIDIA DLAA; incorpora moitos
niveis de renderización e, como detalle máis salientable, o xogo pode correr en
monitores ultrapanorámicos (21:9), monitores 32:9 e en sistemas de múltiples
pantallas de nVIDIA Surround (ou sexa, que até será posible gozar do xogo en 3
monitores).
Marvel’s Spider-Man Remasterizado tamén inclúe moitas opcións
periféricas e de personalización (podendo incluso funcionar co mando DualSense
de PlayStation). No que respecta aos seus requisitos mÃnimos, temos que é un
xogo alcanzable nas súas configuracións máis modestas, pero moi esixente nas
súas configuracións avanzadas (pois superar a resolución Full HD require equipos
e gráficas de última xeración).
- O xogo para PC poderá funcionar en monitores ultrapanorámicos
- Os requisitos mÃnimos do xogo son bastante esixentes nos modos que superan a resolución Full HD