Minecraft Education estrea unha experiencia para formar sobre un uso seguro da Internet

martes, 6 de febreiro do 2024 Marcus Fernández

Co gallo do Día da Internet Segura dende Xbox anuncian un novo contido para Minecraft Education titulado CyberSafe: Good Game, que busca a aprendizaxe en materia de seguridade informática.
Estamos ante unha aventura baseada en historias dunha hora que a través de escenarios e desafíos únicos axuda aos xogadores a comprender as responsabilidades, ferramentas, respostas e estratexias que permiten interaccións saudables en liña, colaboración e experiencias dixitais gratificantes. Os xogadores poden aprender a través de situacións e emocións que se dan habitualmente en liña, sen deixar de lado a diversión dos videoxogos.

Vídeo promocional de CyberSafe: Good Game

PUBLICIDADE