Simyo incorpora ao seu catálogo o módem Huawei E220 libre

martes, 1 de xullo do 2008 Marcus Fernández

A popular xabroneira se pode mercar libre con Simyo

Para atender á necesidade de conectarse á Internet dende fóra da casa durante o verán, a Operadora Móbil Virtual (OMV) Simyo incorpora ao seu catálogo de terminais o módem Huawei E220 totalmente libre (de xeito que se pode utilizar con outras operadoras) por 99 euros, incluíndo 20 euros de saldo para usuarios que precisen un número telefónico novo e con 30 euros para os usuarios que opten pola portabilidade de número (lembremos que Simyo permite as conexións á Rede por 0,99 euros/día + IVE sempre que non se superen os 100 Mbytes de transferencia, tralo que se cobraría por tráfico adicional).
O módem USB ten conectividade HSDPA de ata 3,6 Mbps, e é un dos dispositivos deste tipo máis populares no mercado, e incluso Yoigo o comezou a vender hai pouco por 39 euros cunha tarifa de datos de 25 euros/mes (aínda que sen compromiso de permanencia), pero o feito de que o dispositivo de Simyo se venda libre dende o primeiro momento podería animar a moitos usuarios a optar pola súa solución.

PUBLICIDADE