Yoigo estrea unha tarifa de Internet móbil sen compromiso de permanencia
mércores, 18 de xuño do 2008
- Modem USB de Yoigo
A operadora Yoigo
estrea unha tarifa de datos para o ordenador para conectarse á Internet a
través de UMTS que por
25 euros/mes permite descargas a unha velocidade de ata 384 Kbps cun
lÃmite mensual de 1 Gb, tralo que a velocidade se reduce a 128 Kbps (e se
factura a 1,5 céntimos/Mb cuto tope mensual de 70 euros para protexer ao
consumidor de gastos imprevistos).
Pero o máis destacable desta nova oferta de Yoigo, que definen como «Internet para
levar», é que non
ten compromiso de permanencia e permite a adquisición dun modem
USB Huawei E220 por 39 euros, polo que a moitos usuarios lles
poderÃa interesar a promoción para facerse co dispositivo a bo prezo, xa que
permiten a baixa tralo primeiro mes de uso.
Yoigo agarda captar usuarios de cara ao verán (para conectarse no perÃodo
estival en lugares onde non se conta con
ADSL ou cable) e cómpre destacar que o contrato funciona en meses naturais.