Sergio Montoro anima aos futuros enxeñeiros informáticos a emprender

xoves, 29 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Esta tarde, co gallo do XX aniversario da Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI), Iniciador Galicia desprazouse a Ourense para celebrar un dos seus encontros para emprendedores tecnolóxicos, contando como convidado ao enxeñeiro Sergio Montoro, que en 1999 creou en Madrid unha empresa chamada KnowGate con outros 3 socios, o que deulle unha visión en primeira persoa da eclosión da burbulla tecnolóxica, experiencia que compartiu cos presentes.
Montoro explicou o caso concreto da súa empresa e as experiencias que foi recollendo no seu blog La Pastilla Roja.Tamén instou aos asistentes (entre os que figuraba moitos futuros enxeñeiros) a emprender, asegurando que a chave para iniciarse como emprendedor é a paixón polo que se fai e a aposta decidida por facelo.
Entre os seus comentarios, Sergio Montoro subliñou que un dos erros de moitos emprendementos tecnolóxicos é buscar ofrecer algo novo e de utilidade á sociedade ou un reto intelectual, esquecendo que as empresas teñen que enfocar a súa actividade á rendibilidade, polo que resulta importante atender ás demandas do mercado.
Este encontro estivo patrocinado por Tropo, compañía que estivo presente na persoa de Martín Pérez, emprendedor que creou produtos como Jobsket, polo que tamén resulta un bo exemplo para os que alí acudiron.

Martín Pérez presentou a Tropo durante o encontro na ESEI de Ourense

PUBLICIDADE