Crean Jobsket, unha nova plataforma de busca de emprego
mércores 16 de decembro do 2009, por | |
| Compartir |

- Martín Pérez, un dos creadores de Jobsket
Tres novos emprendedores, entre eles un galego, o betanceiro Martín Pérez,
acaban de lanzar unha aplicación de Internet que promete cambiar a forma na que
buscamos emprego. Trátase de Jobsket unha
aplicación en liña que pretende combinar a procura tradicional de emprego cos
mundos das redes sociais e a caza de talentos, ofrecendo novas alternativas á
hora de promocionarse persoalmente e buscar emprego. Os creadores desta
plataforma son ademais de Pérez, o oscense Daniel Latorre e o catalán Jordi
Monné.
Unha das características máis novas desta aplicación é que o candidato pode
publicar o seu currículo en Jobsket e a aplicación mostraralle cal é o seu
valor no mercado. A diferenza doutros servizos, o usuario non ten que
introducir ningún tipo de dato máis que o seu propio currículo xa que Jobsket
automaticamente encargarase de calcular este valor. Para realizar isto, a
ferramenta utiliza tecnoloxía de análise semántico de datos para estimar o
valor dos currículos persoais baixo uns parámetros como o lugar onde estivo
traballando, que postos exerceu e cales son as súas habilidades, cruzando estes
datos coas máis de 125.000 entradas sobre salarios que dispón na súa base de
datos. Todo isto unido á experiencia do candidato, o seu historial salarial e o
seu soldo desexado permiten a Jobsket o tentar estimar canto vale o currículo
dunha persoa.
Ademais de recibir esta estimación, o candidato pode subir varios currículos se
o desexa. Jobsket utiliza a súa tecnoloxía semántica para mostrar ao candidato
as palabras claves en cada un dos seus currículos, así como para recomendar
inmediatamente ofertas de traballo que se axustan ao seu perfil. Jobsket
mestura tamén conceptos de rede social polo que os candidatos poden ter os seus
contactos, recomendar a outras persoas ou mesmo compartir o seu currículo
noutras redes sociais como Facebook ou Twitter ou directamente publicalo na súa
páxina web ou blog.
Jobsket aspira a converterse nunha ferramenta utilizada por todo tipo de
persoas, xa sexan persoas sen emprego ou traballadores en activo, xa que
ademais de funcionar como un portal tradicional de emprego onde son os
candidatos son os que se inscriben nas ofertas, Jobsket encárgase de recomendar
ás empresas os perfís máis adecuados para as ofertas que publicaron no portal.
Téntase deste xeito facer máis fácil o labor das empresas e achegalas a modelos
de caza de talentos tan populares e utilizados no resto de Europa. O servizo
acaba de lanzarse para empresas e espérase que en pouco tempo increméntense
substancialmente as ofertas que se publiquen.
Os creadores de Jobsket apostaron por esta nova plataforma ao comprobar que «a procura de emprego por Internet neste
país atópase aínda ancorada en tecnoloxías do pasado». O atopar traballo é
unha tarefa que ocupa demasiado tempo. A experiencia no campo internacional de
parte do equipo creador facilitou o desenvolvemento deste proxecto.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














