Sae á venda Assassin’s Creed Chronicles: China

mércores, 22 de abril do 2015 Marcus Fernández

A franquía de xogos de Assassin’s Creed estrea hoxe unha nova etapa paralela á súa saga principal, xa que por fin poderemos facernos coa primeira entrega dunha nova triloxía, Assassin’s Creed Chronicles: China, que trátase dun xogo de acción en 2,5D ambientado en China no ano 1526, en plena decadencia da Dinastía Ming, e tomaremos o papel de Shao Jun, a derradeira Assassin da Irmandade chinesa, que volve ao seu fogar para vingarse tras adestrar co lendario Ezio Auditore.
Este novo xogo pode xa mercarse por 9,99 euros para PC (en Steam e Uplay), Xbox One e PlayStation 4, e permitiranos percorrer China coñecendo a grandes personaxes históricos e visitando enclaves como a Cidade Prohibida e a Grande Muralla, gozando en todo momento da extraordinaria dirección artística que dá a este título unha identidade de seu.
O xogador poderá optar por distintas rutas para chegar aos seus obxectivos, así como descubrir novas dimensións do sixilo para poder ocultarse dos inimigos para poder chegar ao obxectivo, eliminalo e fuxir. En definitiva, que teremos a esencia de Assassin’s Creed, pero cunha aparencia diferente, máis fresca, e con certa semellanza co reputado xogo independente Mark of the Ninja.
Tras esta primeira entrega das Chronicles, a acción trasladarase á India e na a Rusia, demostrando a versatilidade desta franquía á hora de visitar distintos períodos históricos mantendo as súas bases, pero conseguindo introducir pequenas novidades e estéticas claramente diferentes.

O xogo desenvólvesen en dúas dimensións e media


Assassin’s Creed Chronicles: China

PUBLICIDADE