Os chistes de Eugenio chegan aos móbiles como aplicación

venres, 11 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

A aplicación está dispoñible para iOS e Android

Gerard Jofra, fillo do humorista Eugenio e responsables de Saben Aquel Que Diu... Producciones, fiel á vontade de homenaxear a memoria do seu pai e preservar o seu legado, vén de estrear unha aplicación móbil que ofrece unha selección de chistes de Eugenio que poden lerse e incluso escoitarse coa propia voz do artista, incluíndo tamén algúns vídeos con actuacións en directo como contidos adicionais que completan esta colección de chistes nun formato que poderiamos considerar como un digno herdeiro das vellas cintas de casete que axudaban a amenizar as longas viaxes en automóbil e que lévanos a pensar que non sería sorprendente ver como os clásicos de Arévalo ou os de Farruco seguisen a mesma sorte.
Chistes Eugenio é unha aplicación móbil dispoñible por 2,69 euros para iPhone, iPod Touch e iPad na App Store e por 2,86 euros para dispositivos Android en Google Play, tendas en liña que tamén contan cunha versión de balde da aplicación para permitir a súa proba antes da adquisición. Esta ferramenta móbil conta con 50 chistes, podendo desbloquearse 5 máis ao recomendar a aplicacións aos amigos a través dun botón social integrado.

PUBLICIDADE