O xogo do Escuadrón Suicida non sairá até o ano que vén
xoves, 13 de abril do 2023
O xogo Suicide Squad: Kill The Justice
League pretendÃa ver a luz para PS5, Xbox Series X|S e PC en 2022, pero
o ano pasado tiveron que anunciar que o
lanzamento do xogo adiábase até a primavera de 2023, pero tras a publicación
dun vÃdeo no que podÃa verse o xogo en acción, as crÃticas levaron a que Rocksteady
tivese que revisar o seu traballo, e sorprenden agora por adiar o
xogo do 26 de maio de 2023 ao 2 de febreiro de 2024, o que supón unha
acumulación de retrasos moi importante, que deixa claro que os estudios non
queren que as súas grandes producións teñan unha mala acollida, e prefiren ser
prudentes cos prazos para poder manter o seu prestixio.
Os responsables do xogo aseguran que mudaron a data de lanzamento para poder
conseguir que o xogo ofrece a mellor experiencia posible, agradecendo tamén a
paciencia e comprensión da comunidade de xogadores.
Queda agora por ver se o xogo simplemente chegará máis pulido ou se realizarán
cambios máis profundos para eliminar os elementos que provocaron un maior
rexeitamento por parte dos xogadores (como o feito de que para xogar en
solitario sexa preciso contar con conexións á Internet constante).