O videoxogo do Escuadrón Suicida non chegará até primavera de 2023
mércores, 23 de marzo do 2022
AÃnda que cando
se anunciou o xogo Suicide Squad: Kill The Justice League para PS5,
Xbox Series X|S e PC dende Rocksteady Studios aseguraban que este ousado tÃtulo
verÃa a luz en 2022, non se fixara unha data concreta de lanzamento nin chegamos
a ver adiantos sobre o estado deste desenvolvemento dos responsables dos
grandes xogos de Batman Arkham, polo que era previsible o que por fin confirmou
Sefton Hill, fundador do estudio, sobre quen caeu a responsabilidade de anunciar que Suicide
Squad: Kill The Justice League non sairá á venda até primavera de 2023.
Dende Rocksteady non deron explicacións sobre os motivos do adiamento do xogo,
pero parece razoable pensar que tanto os problemas relativos á pandemia como as
grandes dimensións do proxecto provocaron que non puidesen cumprir as
previsións tan optimistas que realizaron inicialmente, e o único que queda por
desexar é que consigan producir un tÃtulo da calidade que se espera dos seus
responsables, para que poidan dar pé a unha nova serie de xogos baseados en
personaxes do Universo DC.