O último Devil May Cry terá edición definitiva para PS4

luns, 15 de decembro do 2014 Marcus Fernández

Continúa a vaga de edicións remasterizadas de videoxogos da anterior xeración que se adaptan ás novas consolas, e hoxe dende Ninja Theory anuncian que o 17 de marzo de 2015 lanzarán a un prezo de 39,99 euros o xogo DmC: Definitive Edition para PlayStatation 4, que supón a renovación e mellora da última entrega de Devil May Cry.
O xogo incorpora numerosas melloras que nacen das esixencias dos xogadores, mellora a resolución dos seus gráficos (incluíndo texturas, personaxes e cinemáticas) e consegue moverse con fluidez a 60 imaxes por segundo a 1.080p, á vez que integrará todos os contidos descargables que saíran para o xogo orixinal tras o seu lanzamento.
Este DmC para PS4 contará cun Modo Turbo, que permite xogar un 20% máis rápido para conseguir un ritmo máis frenético; permite activar o Modo Hardcore en calquera nivel de dificultade, para engadir un maior nivel de reto a cada paso no xogo; a dificultade pode levarse ao extremo co modo Gods Must Die; permítese fixar inimigos manualmente; incorpórase o Modo Palacio Sanguento de Vergil (con 60 niveis e Vergil como personaxe xogable); intégranse mods da comunidade; axustáronse numerosos elementos de xogabilidade; e incluso engadiuse unha escena cinemática inédita no xogo orixinal.

O xogo actualiza os seus gráficos e incorpora numerosas melloras xogables na súa versión para PS4

PUBLICIDADE