O mapa de Xeodestinos terá un lugar destacado no stand de Galicia en Fitur 2012
luns, 16 de xaneiro do 2012
Baixo o lema, Galicia, gárdasme o segredo?, o Goberno galego, da man de Turgalicia, instalarase na Feira Internacional do Turismo de Madrid, Fitur 2012, do 18 ao 22 de xaneiro, onde promoverá os dez produtos cabeceira de marca cos que porá en valor o destino turÃstico da nosa Comunidade.
Xa que logo, dende o seu stand promoverá produtos como: Camiño de Santiago, Faros e praias salvaxes, Mananciais de Galicia, Bosques de Galicia, Santuarios máxicos, Patrimonio oculto ou Lugares únicos, entre outros vellos coñecidos de tódolos galegos e galegas.
Asemade, a entidade pública aproveitará a ocasión para dar a coñecer entre os principais operadores turÃsticos e o público en xeral, o mapa de Xeodestinos, presentado a finais do pasado ano polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Os xeodestinos constitúen un novo concepto de ordenación e promoción do destino turÃstico Galicia dividindo o territorio galego en 14 áreas turÃsticas, agrupadas segundo as singularidades de cada zona.
Deste xeito, Galicia dÃvidese turisticamente nos seguintes xeodestinos: RÃas Altas (Ferrolterra-Eume e A Coruña-As Mariñas), Costa da Morte, Terras de Santiago, Mariña Lucense, Lugo e A Terra Chá, Ancares-Courel, Ribeira Sacra, O Ribeiro, Terras de Ourense e Allariz, Celanova-A Limia, VerÃn-Viana, Manzaneda-Trevinca, RÃas Baixas (RÃa de Muros e Noia, RÃa de Arousa e Terras de Pontevedra e RÃa de Vigo e Baixo Miño) e Deza-Tabeirós.