O COETG-AETG comezou a primavera estreando nova páxina web

venres, 5 de abril do 2024 S. P.

O COETG-AETG (Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia) lanzou na recta final do pasado mes de marzo a súa nova páxina web. Trátase dunha plataforma que introduce, en palabras do colexio/asociación, “melloras significativas para brindar ao noso colectivo un acceso máis fluído e seguro a recursos e contidos, especialmente aqueles de carácter exclusivo para colexiados e asociados”.
A páxina web artéllase en dúas vertentes: unha pública para a comunidade internauta en xeral e outra específica para a comunidade de enxeñeiras e enxeñeiros que inclúe contidos exclusivos aos que poden acceder trala actualización do contrasinal. Por seccións, destaca nun lugar principal a de novidades informativas e, tamén, o relacionado coa celebración anual dos telecos galegos (A Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, o servizo de asesoramento e colaboración cos concellos (Oficina Concellos), as canles de colexiación ou a ampla listaxe de servizos que ofrece o colectivo á cidadanía, ás entidades públicas, a outras asociacións e ao empresariado.
O COETG-AETG fai un chamamento a todos os usuarios a “aproveitar ao máximo esta actualización e explorar as novas funcións e recursos dispoñíbeis da nova web”.

A páxina web artéllase en dúas vertentes: unha pública e outra privada

PUBLICIDADE