O Concello de Rianxo e Cibervoluntarios achegarán aos maiores de todas as parroquias ás posibilidades dos móbiles

mércores, 10 de abril do 2024 S. P.

A concelleira de Política Social de Rianxo, Ana Vidal, presentou na mañá deste 10 de abril un ciclo de obradoiros sobre o uso de aplicacións móbiles que se desenvolverán durante os vindeiros meses destinados a persoas maiores, co obxectivo de garantir a súa plena capacitación tecnolóxica e permitir que desfruten das posibilidades que estes dispositivos e as súas principais ferramentas de uso común poñen ao seu dispor.
Os obradoiros, que se realizan grazas a un convenio entre o Concello de Rianxo e a Fundación Cibervoluntarios, impartiranse en cada unha das parroquias do noso municipio entre o 24 de abril e o 27 de xuño.
Inscricións e información: 664 185 489.
Nos cursos, gratuítos para a veciñanza, as persoas participantes aprenderán a navegar con seguridade e confianza por internet e a empregar o seu teléfono móbil ou tableta para comunicarse por vídeo-conferencia, facer xestións co seu banco, pedir unha cita médica, mercar online ou aproveitar o seu tempo de lecer na Rede.

PUBLICIDADE