Novo Guitar Hero para Nintendo DS

venres, 31 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Estrella Polar de Pereza estará presente no repertorio musical do Guitar Hero On Tour: Decades

Os usuarios do Guitar Hero On Tour para a Nintendo DS estarán contentos de saber que o vindeiro 14 de novembro sairá unha nova edición do xogo cun novo repertorio musical que inclúe temas dende os anos 70 ao presente con éxitos de artistas internacionais coma Bon Jovi, Lenny Kravitz, Tokio Hotel ou Queen.
Para o público español o Guitar Hero On Tour: Decades inclúe o éxito de Pereza, Estrella Polar, que sería a única canción española, aínda que non en español, pois Los Lobos tamén nos permitirán interpretar virtualmente La Bamba.
O xogo se poderá adquirir solto por 39,95 euros, ou co adaptador propio do On Tour para DS (preciso para xogar, pero que xa terán os que mercaran a anterior edición) por 49,95 euros.
A listaxe completa de cancións incluídas sería a seguinte:
- Alien Ant Farm - “Smooth Criminal”
- Blind Melon – “No Rain”
- Blondie – “One Way Or Another”
- Bon Jovi – “You Give Love A Bad Name”
- Edgar Winter Group – “Free Ride”
- Fall Out Boy – “The Take Over, The Breaks Over”
- Finley – “Diventerai Una Star”
- Foo Fighters – “The Pretender”
- Free – “All Right Now”
- Guano Apes – “You Can’t Stop Me”
- Jimmy Eat World – “The Middle”
- Joe Satriani – “Satch Boogie”
- Lenny Kravitz – “Are You Gonna Go My Way”
- Linkin Park – “One Step Closer”
- Los Lobos – “La Bamba”
- Lynyrd Skynyrd – “Sweet Home Alabama” (live)
- Oasis – “Some Might Say”
- Pereza – “Estrella Polar”
- Phoenix – “Everything is Everything”
- Queen – “We Are The Champions”
- R.E.M. – “The One I Love”
- Red Hot Chilli Peppers – “Can’t Stop”
- Smashing Pumpkins – “Tarantula”
- Stone Temple Pilots – “Down”
- Survivor – “Eye of the Tiger”
- The Darkness – “I Believe In A Thing Called Love”
- Tokio Hotel – “Ready Set Go!”
- Weezer – “Buddy Holly”

PUBLICIDADE