Microsoft muda o nome de SkyDrive a OneDrive

luns, 27 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

OneDrive xa conta con páxina de seu.

O British Sky Broadcasting Group, propietario da coñecida canle televisiva Sky, emprendeu unha loita xudicial para evitar que Microsoft empregase na Unión Europea a marca SkyDrive para o seu servizo de almacenamento no nube, e tras unha resolución xudicial desfavorable á compañía de Redmond anuncian hoxe que están a preparar o cambio de nome de SkyDrive, que en breve pasará a responder ao nome de OneDrive, marca que parece casar bastante ben con Microsoft (pois a súa última consola doméstica de videoxogos chámase Xbox One).
O cambio de nome de SkyDrive non afectará aos documentos almacenados no servizo nin a ningunha característica do servizo, limitándose a unha renovación da marca na que simplemente mudan o texto que acompaña o logotipo con dúas nubes que o distinguía.
O produto básico de SkyDrive chamarase en breve OneDrive, mentres que SkyDrive Pro pasará a responder por OneDrive for Business.


Vídeo promocional do cambio de marca de SkyDrive a OneDrive

PUBLICIDADE