Mario Kart chegará a teléfonos móbiles

xoves, 1 de febreiro do 2018 Marcus Fernández

Nintendo realizou nas últimas horas grandes novas ao redor dos seus produtos que, aínda que non especifiquen moito, son ilustrativas do que será unha realidade nos vindeiros como o feito de que confirmen que o servizo Nintendo Switch Online, que permite xogar en liña coa última consola da compañía nipoa, botará a andar oficialmente no mes de setembro, sendo de balde até tal data; aínda que o anuncio realmente relevan sería o feito de que están a preparar Mario Kart Tour. Este título sería unha aplicación para móbiles que vería a luz antes de rematar o vindeiro ano fiscal, ou sexa, antes do peche de marzo de 2019.
Nintendo por fin confirmou os rumores relativos á creación dunha película de animación baseada en Mario, asegurando que esta produción xa está en proceso de creación, contando na produción con Chris Meledandri de Illumination e a Shigueru Miyamoto de Nintendo, ou sexa, que os pais dos Minios e de Mario unirían forzas para facer realidade unha longametraxe de animación que ten moitas bazas para ser un éxito, facendo esquecer o mal sabor de boca que deixara a película de 1993 protagonizada por Bob Hoskins e John Leguizamo.

O servizo de xogo en liña para Nintendo Switch será de pagamento a partires de setembro

PUBLICIDADE