Malas vendas do Nexus One nos EE.UU.
venres 5 de febreiro do 2010, por | |
| Compartir |
Un estudo con datos non
oficiais elaborado por Flurry Analytics estimaba que o número de terminais do
móbil Nexus One vendidos na súa primeira semana no mercado reflectía uns malos
resultados para o móbil promovido por Google, que só tería
colocado 20.000 unidades no que agardaban que fose un forte comezo, e agora
volven a revisar as cifras de vendas do Nexus One para o seu primeiro mes, e
parece ser que mantense o mesmo ritmo de vendas, cuns 80.000
terminais vendidos o que non só sería a oitava
parte do que no seu día vendeu o iPhone orixinal, senón que incluso queda
moi por debaixo do Motorola Droid (outro móbil que funciona co sistema
operativo Android, coma o Nexus One, pero que vendeuse cunha campaña
promocional bastante potente).
Dá a impresión de que dende Google, pese a colaborar no deseño dun terminal
potente e atractivo, fracasa na súa comercialización, posiblemente por falta de
experiencia neste sector, o que demostran as moitas queixas existentes polo
deficiente servizo de atención ao cliente que están a dar nos EE.UU.
Haberá que agardar a ver a chegada do Nexus One a Europa para comprobar se
mellora a súa acollida comercial, en boa medida porque parece que aquí chegará
da man de operadoras solventes (coma Vodafone) e non a través de compañías coma
T-Mobile nos EE.UU. (país no que tal compañía ten pouco peso).
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














