AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Decepcionante arrinque do Nexus One nos EE.UU.

mércores 13 de xaneiro do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Un informe elaborado por Flurry estima que as vendas norteamericanas do Nexus One na súa primeira semana son moito menores das que serían de agardar para un terminal promovido por Google e que gozou dunha atención dos medios de comunicación ordinarios e tecnolóxicos comparable á que acada o iPhone.
Aínda que empregaron unha metodoloxía bastante discutible, sorprende que Flurry estime que o Nexus One só colocou na rúa 20.000 unidades na súa primeira semana , mentres que o myTouch 3G triplicou tal cantidade, o Motorola Droid chegou aos 250.000 terminais e o iPhone 3GS asombrou con 1,6 millóns de unidades.
A vista destes datos queda claro que o Nexus One está moi lonxe de ser un iPhone Killer, e non parece presentar ningunha novidade o suficientemente revolucionara como para ter un forte inicio de vendas, aínda que o feito de que o móbil non contase cunha campaña de promoción (o Motorola Droid, terminal bastante semellante, contou cunha campaña de 100 millóns de dólares que incluía anuncios televisivos) e tivese unha distribución limitada poderían ser os factores que xustifican estes modestos resultados. A data de lanzamento tampouco parece un acerto (xusto despois da campaña de Nadal, cando a xente xa renovou o seu móbil e/ou realizou un importante gasto).

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS