Levántate, ZP

luns, 2 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Un vídeo co suposto roubo da cadeira de Rodríguez Zapatero no Congreso dos Deputados causa furor na Rede

4 Gatos supostamente roubando a cadeira do Presidente do GobernoUn vídeo está a circular pola Rede con certa insistencia á vez que acapara as olladas dos xornalistas de toda España, pois segundo parece, un grupo de mozos que se fan chamar 4 Gatos (no que parece unha referencia á película 12 Monos) chegarían a introducirse pola noite no Congreso dos Deputados e roubarían a cadeira do presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, baixo o lema “levántate ZP”, co que pretenderían incitar á mobilización co gallo da Campaña do Milenio de Nacións Unidas.
A campaña Levántate contra la Pobreza busca o concienciar sobre o problema da distribución da riqueza no mundo, e anima ós cidadáns a manifestarse o vindeiro 16 de outubro, aínda que a repercusión da campaña deste ano resultou realmente abraiante, xa que empregaron a efervescencia do vídeo a través da Internet e suscitaban a dúbida da veracidade da gravación, ou sexa, que moita xente pensaba que o roubo da cadeira presidencial no Congreso era real.
Numerosos blogueiros e xornalistas puxéronse a comprobar as imaxes, e finalmente separaron as imaxes realmente gravadas no Congreso (segundo parece, en colaboración cun funcionario do hemiciclo) das tomas realizadas noutras localizacións coma o Pazo de Linares (dende o que se gravarían as tomas nas que fixen entrar de noite por unha fiestra do Congreso).
Nota para o PresidenteA campaña que amosaba a imaxe do escano do Presidente baleiro xunto coa nota “Zapatero, o 16 de outubro en pé contra a pobreza” e que pretendía aparentar unha incursión vandálica gravada (como moitas outras que hai na Internet na que se ve a mozos facendo pintadas e cousas semellantes) non é máis que unha produción da axencia publicitaria Tiempo BBDO Barcelona, que resultou todo un éxito, aínda que é moi posible que a auténtica intención da campaña se perdese dentro das discusións sobre se o vídeo era ou non real, polo que ata o vindeiro día 16 non se saberá se este tipo de polémicas axudan á mobilización cidadá.
O polémico vídeo é o seguinte:

PUBLICIDADE