Halo 5 inicia a beta do seu multi-xogador
luns, 29 de decembro do 2014
AÃnda que até finais de 2015 non veremos o
xogo Halo 5: Guardians nas tendas,
dende Microsoft están a preparar o que promete ser o grande lanzamento para Xbox
One da vindeira campaña de Nadal, comezando hoxe mesmo co inicio da
beta do modo multi-xogador do futuro Halo,
permitindo que os afeccionados á saga poidan botar unha primeira ollada ao que
será o tÃtulo que retome a historia do Xefe Mestre e introduza un novo
personaxe central no universo Halo, o Spartan Locke, encargado de atopar ao
Xefe Mestre e resolver un misterio que ameaza a galaxia enteira.
Aparte de iniciar as probas do multi-xogador de Halo 5, tamén se abriu o proceso
de reserva do xogo, que estará dispoñible en 3 versións: a edición
estándar, cun prezo de 59,99 dólares, que incluirá un póster exclusivo para os
que reserven o xogo con antelación; a edición limitada, que por 99,99 dólares
inclúe tamén contido adicional descargable e elementos extra nunha caixa
metálica; e unha edición para coleccionistas, cun prezo de 249,99 dólares, que
destacará por incluÃr unha estatua conmemorativa numerada deseñada por 343
Industries.