Google prepara a retirada de QuickOffice

luns, 30 de xuño do 2014 Marcus Fernández

Tras adquirir a aplicación ofimática QuickOffice en 2012, Google decidiu ofrecer este produto para Android e iOS de balde, pero a evolución dos últimos meses das aplicacións de Google Drive e especialmente a chegada das aplicacións independentes de Documentos de Google, Hojas de cálculo de Google e Presentaciones de Google levaban a QuickOffice a ser un produto redundante, polo que dende a compañía de Mountain View veñen de decidir deixar se facer a competencia con sigo mesmo, o que esperan que nas vindeiras semanas se concrete coa retirada da aplicación de QuickOffice das tendas de aplicacións.
Os usuarios que teñan instalado QuickOffice nos seus dispositivos móbiles poderán seguir a empregar a aplicación, pero no futuro non poderían volver instalala unha vez retirada da App Store e de Google Play.

PUBLICIDADE