AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Google Wave entrará na súa fase pública de probas este mércores

martes 29 de setembro do 2009, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Google presentou a finais do pasado mes de maio unha tecnoloxía chamada a revolucionar o xeito de comunicarnos a través da Internet chamada Google Wave, e que segundo comentan os seus responsables, deseñouse pensando en cómo desenvolveriamos hoxe o correo electrónico se non existise. Máis adiante aseguraron que o proxecto estaba moi avanzado de xeito que en setembro abrirían en probas este servizo ao público xeral, e cando o mes actual está a morrer é cando vemos que cumpren coa súa promesa ao límite, de xeito que a partires de mañá Google repartirá 100.000 invitacións para participar na beta pública de Google Wave.
Advertencia que aparece cando accedemos a Google Wave dende Internet ExplorerHai que destacar que estamos a falar dun adianto do que será Google Wave, pois é un produto que aínda está en desenvolvemento e, de feito, nos últimos meses os usuarios que puideron achegarse a esta tecnoloxía asegurou que o número de incidencias detectadas era moi elevado. Entre outras cousas, esta nova etapa permitirá probar o servizo cun número importante de usuarios, de xeito que cando decida abrirse oficialmente a todo o mundo o público non quede decepcionado.
Para empregar Google Wave é preciso acceder ao servizo web a través dun navegador que soporte HTML5, o que sería practicamente calquera navegador web actualizado (Safari, Firefox, Opera, Google Chrome…) agás o Internet Explorer, de aí que dende Google decidisen lanzar un engadido para esta aplicación que permite utilizar o motor de Google Chrome dentro do Internet Explorer, medida moi criticada, pois é considerada incluso un problema de seguridade por parte de Microsoft, mentres que dende a Fundación Mozilla ratifican tal perigo á vez que aseguran que é absurdo o Google Chrome Frame polo mero feito de que os usuarios que utilizan actualmente navegadores coma o Internet Explorer 6 tampouco poderían instalar o engadido de Google (pois non teñen permisos para modificar o navegador web dos seus equipos).

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS