SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Google Wave achegará un novo xeito de comunicarse e colaborar na Rede

venres 29 de maio do 2009, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Pese a que este xoves parecía que ía a ser o día de Microsoft ao presentar o seu novo buscador Bing, Google soubo eclipsar á compañía de Redmond cunha impresionante innovación que podería revolucionar o xeito de comunicarnos a través da Internet. Estamos a falar de Google Wave, que sería un produto, unha plataforma e un protocolo que xuntaría moitos servizos web actuais nunha única aplicación informática que superaría as barreiras que separan o correo electrónico do chat ou as conversas dos documentos, achegando unha experiencia de usuario totalmente nova, en vez de buscar a translación de fenómenos fóra de liña á Internet (de xeito que non seguirían os pasos do correo electrónico como analoxía do correo ordinario).
Esta nova creación achegará o concepto de wave, que estaría composto en partes iguais de conversa e documento, permitindo que a xente comuníquese e traballe xunta en textos, fotografías, vídeos, mapas e outro elementos. Así, un usuario pode crear unha wave dentro da aplicación Google Wave e engadir a xente ao mesmo, abrindo a colaboración e a comunicación cunha chea de posibilidades.
As 3 capas que forman Google Wave serían a seguintes:
- un produto: una aplicación HTML 5 que permite o acceso e edición de waves e que integra un editor de texto e outras funcións sinxelas de utilizar mediante operacións de arrastrar e soltar
- unha plataforma: conta cunha serie de API que permiten aos desenvolvedores incluír waves noutros servizos web, así coma construír novas extensións que funcionen dentro das mesmas
- un protocolo: as especificacións de Google Wave están abertas, de xeito que buscarán a súa adopción coma un protocolo co que interoperen múltiples servizos, incluso de xeito alleo a Google, creando unha liberdade que agardan que anime aos programadores
Supomos que nos vindeiros meses serán moitos os servizos web que aposten por adaptarse a Google Wave de cara ao seu lanzamento público, que polo momento non ten data.
Na demostración que fixeron de Google Wave durante o evento Google I/O amosáronse moitas das características do produto, e son realmente impresionantes, no que podería ser toda unha revolución para o que hoxe vemos como a web social, de xeito que servizos coma Facebook ou Twitter deberían ter moi en conta esta plataforma de cara ao futuro.


Presentación de Google Wave
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS