Google Wave precisará dun engadido para funcionar no Internet Explorer
mércores, 23 de setembro do 2009

- Co prefixo cf: podemos empregar o motor de Google Chrome dende Internet Explorer
A vindeira semana
Google Wave abrirá as súas probas ao público xeral, pero esta ferramenta de
comunicación fai un uso intensivo de HTML5 e outras tecnoloxÃas web das que os
navegadores de Microsoft non fai moi bo uso, e para solucionalo presentan
un engadido para o Internet Explorer que permite integrar o motor do Google
Chrome, coma solución intermedia, pois abre as portas ao Google Wave
sen forzar aos usuarios a cambiar de navegador.

- Advertencia que aparece cando accedemos a Google Wave dende Internet Explorer
Tras instalar o Google
Chrome Frame, os usuarios que queiran cargar algunha páxina web
optimizada para o navegador de Google só terán que engadir no seu enderezo o
prefixo cf:, tras o que accederemos
ás páxinas solicitadas co motor do Chrome (proceso que será automático en casos
puntuais), o que vén a ser un parche
mentres continúan a traballar na optimización de Google Wave para o Internet
Explorer (aÃnda que tamén resulta de utilidade para acceder a servizos web que
fagan un uso intensivo de tecnoloxÃa AJAX, para os que o Google Chrome está
especialmente preparado).
AÃnda que era evidente que Google Wave non funcionarÃa no Internet Explorer 6, decidiron
vetar tamén o seu acceso dende as versións posteriores do navegador web de
Microsoft, de xeito que ao intentar cargar Wave dende as mesmas atoparemos
unha mensaxe na que advirten que para acceder ao servizo hai que instalar o
Google Chrome Frame, mentres que dende os navegadores alternativos
coma Firefox, Safari ou o propio Chrome non será preciso realizar ningún tipo
de instalación adicional.
VÃdeo de presentación do Google Chrome Frame
