Firefox actualÃzase á versión 15 (tamén en Android)
martes, 28 de agosto do 2012
Xa está aquà a versión 15 do navegador web Firefox, que pode
descargarse
na súa versión en galego para Windows, OS
X e Linux,
que destaca especialmente pola optimización do uso de memoria para os engadidos
e por contar cun sistema
de actualizacións máis silencioso,
pois agora as descargas de novas versións do Firefox realÃzanse de fondo para
instalarse no seguinte inicio da aplicación sen que o usuario o perciba.
O navegador web de Mozilla tamén incorpora soporte para o protocolo de rede v3
para SPDY, inclúe melloras en WebGL (incluÃndo texturas comprimidas para un
mellor rendemento) e incorpora a localización para unha nova lingua (maithili,
unha das linguas da India). Como noutras ocasións incorporaron
novas prestacións para desenvolvedores e incrementouse o soporte de HTML5
(como o soporte nativo do codec de audio Opus).
A versión
de Firefox para Android tamén se actualizou hoxe, con numerosas
actualizacións e melloras, entre as que hai que destacar unha interface de
usuario nativa para tablets, que supón un inicio máis rápido e unha nova barra
de navegación/busca.
- Asà é a nova aparencia de Firefox para tablets Android