Filtran o código fonte de Grand Theft Auto V

martes, 26 de decembro do 2023 Marcus Fernández

O ano pasado soubemos dunha filtración moi importante que desvelaba detalles sobre o futuro Grand Theft Auto VI, comentándose daquela a posibilidade de que os intrusos nos sistemas de Rockstar Games puidesen terse feito co código fonte de Grand Theft Auto V, o que agora confírmase, xa que vén de filtrase á Internet.
A través de numerosas canles (Discord, Telegram e páxinas da dark web) están a circular ligazóns para a descarga do código fonte roubado, así como capturas de pantalla dun dos cartafoles cos ficheiros. A información filtrada parece auténtica, o que podería supor todo un problema para a seguridade dos xogos de Rockstar Games (especialmente para GTA Online).
Entre a documentación filtrada tamén aparecen mencións ao desenvolvemento do xogo Bully 2, que tería sido cancelado, como tamén GTA Tokyo e até 8 lotes de contido descargable para Grand Theft Auto V, que finalmente non terían visto a luz para potenciar GTA Online (e tamén poder traballar no lanzamento do xogo nas novas consolas). Entre estas expansións destacaría especialmente unha titulada Agent Trevor, que aparentemente permitiría aos xogadores visitar Liberty City dentro de GTA V.

A filtración do código fonte do xogo podería converterse nun serio problema de seguridade

PUBLICIDADE