A Home da PS3 sairá o 19 de novembro
luns, 13 de outubro do 2008
- Imaxe que amosa cómo se veÃa o Tokyo Game Show en Home
En xuño de 2007 Sony anunciou
que Ãa incorporar á súa PS3 un mundo virtual ao máis puro estilo de Second Life que se chamarÃa Home e que non era capaz de cumprir os
seus prazos de entrega, pois aÃnda que se agardaba para finais de 2007 se tivo
que demorar ata a primavera de
2008, data na que finalmente non saÃu. Agora, co gallo do Tokyo Game
Show, por fin poñen data a este lanzamento, e parece que o 19 de novembro aparecerá
este contorno tridimensional que servirá para que os usuarios se
relacionen entre si, aluguen pelÃculas, vexan trailers en alta definición,
inicien partidas e, en definitiva, teñan unha nova ferramenta para interactuar,
que poderÃa ser todo un éxito ou quedar en nada.
Hai que destacar que a interface de Home
é moito máis seria (por realista) que a que presentan os seus competidores,
pois Nintendo aposta por uns simples Mii para representar aos seus usuarios
mentres que a Xbox 360 estreará en breve uns avatares un pouco máis complexos,
pero que conservan un deseño algo infantil, máis agradable para o usuario
ocasional.