Sony anuncia o seu propio Second Life para PS3
venres, 1 de xuño do 2007
Sony anunciou durante a Game Developers Conference unha novidade coa que pretende darlle un pulo á súa PlayStation 3 (que non está cumprindo as súas expectativas de venda) que serÃa un mundo virtual que lembra a Second Life e responde ó nome de PlayStation Home.
Esta nova plataforma permite ós usuarios o control dun avatar que lle permitirá interactuar con outros personaxes mediante texto, son e videoconferencia. Ademais, os usuarios terán acceso a vÃdeos de alta definición e poderán compartir vÃdeos creados por eles mesmos, o que pretende se un dos atractivos deste mundo virtual.
Hai quen considera que este novo servizo en fase de probas non promoverá as vendas da PS3, pero si poderá servir para achegar novos ingresos por parte de Sony unha vez que a masa de usuarios sexa importante (o mundo virtual ten vallas publicitarias).
A xente de Vandal.net
publicou un vÃdeo de presentación de PlayStation Homel: