Wheelman chegará ás tendas a finais de marzo
xoves, 19 de febreiro do 2009
O polémico xogo
que sitúa a un virtual Vin Diesel na cidade de Barcelona para infiltrarse en
bandas criminais que darán lugar á súa participación en persecucións e
tiroteos, Wheelman, chegará ás tendas
españolas no mes de marzo (anunciárase para o dÃa 20, pero posiblemente haxa
que agardar ao 27 para velo nas tendas) da
man de Atari Ibérica, distribuidora oficial de Midway, pese a que nas
últimas horas se comentase que a distribución do xogo contarÃa coa colaboración
de Ubisoft, para axudar a que Midway supere os seus problemas económicos
actuais.
Ubisoft
encargarase de levar o xogo a o outro lado do Atlántico, Australia, Nova
Celandia, Francia, Alemaña, Irlanda e Reino Unido, polo que a
distribución española non sufrirÃa cambios.
Tamén se confirmou que o xogo para Xbox 360 e PlayStation 3 contará cunha
versión de demostración antes da súa chegada ao mercado.