Unha importante filtración afecta ao futuro Grand Theft Auto VI
luns, 19 de setembro do 2022
A pasada fin de semana un terremoto azoutou figuradamente a
Rockstar Games, xa que deuse a coñecer na Rede unha
filtración masiva que afectarÃa á vindeira edición da serie Grand Theft Auto,
levando a que a compañÃa tivese que confirmar o acontecido nun comunicado
dirixido aos mercados financeiros e outro
destinado ao público xeral no que inciden no seu compromiso en continuar a
traballar na vindeira entrega de GTA para poder ofrecer un tÃtulo que
estea á altura do que se espera.
Lembremos que Grand Theft Auto V é un xogo que conta con versións para 3
xeracións de consolas consecutivas, polo que a expectación por Grand Theft
Auto VI é elevadÃsima, e ao filtrarse unha manchea de vÃdeos amosando un
prototipo do xogo captouse moita atención, aÃnda que estes contidos foron
rapidamente borrados da Internet por mor das reclamacións legais efectuadas por
Rockstar.
Pero o feito de ver un xogo claramente sen rematar non é o problema, senón o
feito de que houbese unha filtración na que aseguran que puido terse subtraÃdo
o código fonte de Grand Theft Auto V e Grand Theft Auto VI, o que terá serias consecuencias no
desenvolvemento de GTA VI, xa que teñen que investigar a fenda na súa
seguridade, adoptar serias medidas para corrixir a situación e incluso realizar
importantes cambios para evitar que o código filtrado poida ter malos usos no xogo
final, ou sexa, que é bastante probable que tarden aÃnda máis en rematar un dos
xogos máis importantes que están a desenvolverse actualmente, para desgraza do
sector e dos xogadores.