Unha curta documental convértese no primeiro Oscar da industria do videoxogo

luns, 26 de abril do 2021 Marcus Fernández

Aínda que a pandemia provocase que a última gala dos premios Oscar fose unha das máis descafeinadas da historia, para a industria do videoxogo foi moi importante, xa que supón a súa estrea nestes premios na categoría de mellor curtametraxe documental, galardón que foi para a Colette, un documental producido por Respawn Entertainment (estudio de Electronic Arts) e Oculus Studios como un complemento do xogo de realidade virtual Medal of Honor: Above and Beyond.
O documental conta a historia de Colette Marin-Catherine, señora de 90 anos que formou parte da Resistencia francesa que viaxa a Alemaña por primeira vez dende a II Guerra Mundial convencida por Lucie, unha moza estudante de historia que anímaa a visitar o campo de concentración no que morreu o seu irmán.

O documental Colette pode verse libremente a través de YouTube

PUBLICIDADE