The Last of Us chegará a PC o 28 de marzo
luns, 6 de febreiro do 2023
Dende
Naughty Dog están a ultimar a versión para PC de The Last of Us, xogo
que naceu hai case unha década en PlayStation 3, e que agora dá o salto a
ordenadores persoas nunha versión remasterizada como a que
podemos xogar en PlayStation 5, pero con melloras especÃficas da
plataforma, e que presumiblemente será todo un éxito ao facilitar que os
espectadores da serie de televisión homónima poidan gozar da súa historia de xeito
interactivo aÃnda que non teñan unha consola PlayStation.
The Last of Us Part I para PC tiña
fixado o seu lanzamento no 3 de marzo, pero dende Naughty Dog consideraron
que o xogo non vai estar debidamente pulido en só un mes, polo que decidiron darse
un tempo adicional, para que o xogo teña unha estrea en ordenadores persoais
satisfactoria, polo que haberá que agardar ao 28 de marzo para poder facerse co
tÃtulo na
tenda de Epic Games ou en
Steam a un prezo de 59,99 euros.
Como acontece coa versión para PS5, a primeira entrega de The Last of Us
para PC inclúe, aparte do xogo orixinal, a súa expansión: o capÃtulo previo
titulado Left Behind, no que se afonda na historia de Ellie.