Sonic 4 chega hoxe ao iPhone
xoves, 7 de outubro do 2010
O ourizo azul de
SEGA leva meses anunciando a súa volta ás orixes, e finalmente temos aquà o
agardado xogo Sonic The Hedgehog 4
Episode I, que retoma a saga orixinal en 2D pero que desta volta non se
venderá nas tendas senón en formato descargable, estreándose
hoxe mesmo na App Store cunha versión para iPhone que consegue capturar a
velocidade, o dinamismo e a diversión propias das primeiras entregas de Sonic.
Este xogo recupera unha saga que levaba 16 anos suspendida, e pode adquirirse
por 7,99 euros para os terminais de Apple, mentres que os usuarios
de Xbox 360, PlayStation 3 e Wii deberán agardar á semana que vén para
poder facer por entre 12,99 e 15 euros con este xogo que chegará de xeito
episódico.
Esta nova aventura de Sonic contará con 4 zonas con 4 actos cada unha e 7
escenarios especiais, destacando non só por chegar antes que o resto de versións, senón tamén por incluÃr 2
niveis exclusivos que farán uso do acelerómetro do iPhone e o iPod Touch.
O primeiro episodio de Sonic 4 inclúe
uns niveis que resultarán moi familiares para os habituais da saga, pois
recupera moitos elementos de entregas anteriores, o que agradecerán os segueiros de toda a vida, á vez que
axudará que os usuarios que se acheguen por primeira vez a esta franquÃa
coñezan de preto as virtudes que levaron a Sonic a converterse no equivalente a
Mario en SEGA.
Último trailer de Sonic The Hedgehog 4 Episode I