Resistance 3 chegará ás tendas o 8 de setembro con soporte de PS Move e 3D
luns, 22 de agosto do 2011
- Por 299,99 euros estará dispoñible unha PlayStation 3 con 320 Gb de disco duro e o xogo Resistance 3 incluÃdo
O
vindeiro 8 de setembro é a data elixida para que o xogo de Insomniac Games Resistance 3 chegue ás tendas españolas,
permitindo que os usuarios da PlayStation 3 poidan volver a enfrontarse ao
virus Quimera, nunha nova entrega da saga que desta volta permitirá empregar o
sistema de control PlayStation Move e será compatible con televisores 3D,
engadidos que enriquecen a experiencia de xogo entre os afortunados que conten
con estes elementos para completar a súa PS3.
A terceira entrega de Resistance para
PS3 tamén ofrece a posibilidade de xogar en compañÃa. Disporá dun modo
multi-xogador cooperativo baseado en clases onde ata 16 usuarios conectados en
liña poderán unir as súas forzas na loita contra as Quimeras.
O xogo chegará ás tendas a un prezo recomendado de 69,99 euros, contando tamén
cunha Edición Superviviente por
129,99 euros e un pack cunha consola PlayStation 3 de 320 Gb que poderá
mercarse por 299,99 euros.
- En Resistance 3 haberá que volver a enfrontarse á ameaza das Quimeras