Resident Evil traslada a súa fórmula de éxito ao iPhone
martes, 12 de maio do 2009
Os seguidores da
saga de Resident Evil, trás o último Resident Evil 5 para as plataformas de
xogo domésticas poden trasladar esta diversión á palma da súa man grazas ao
novo tÃtulo para iPhone e iPod Touch Resident
Evil: Degeneration, que está baseado na pelÃcula de animación
por ordenador do mesmo nome, e que vén a ser unha mestura de xogo de
supervivencia e de acción en primeira persoa.
O xogo contrólase mediante un pad
dixital virtual en pantalla, aproveitando tamén as caracterÃsticas propias do
iPhone, de xeito que sacudindo o dispositivo podemos librarnos do agarre de
grupos de mortos viventes, mentres que inclinando o trebello podemos recargar a
nosa arma para continuar a masacrar aos nosos inimigos.
O prezo de venda deste xogo a
través de iTunes é de 5,49 euros.